Daniel Pazó e Carmen Arias, monarcas castrexos

Medio millar de corredores disputaron a cuarta edición do Trail do Trega, que contou con distancias de dezaoito e doce quilómetros, ademais dunha andaina

Publicado: 26 nov 2019 - 11:37 Actualizado: 26 nov 2019 - 16:57

O castro de Santa Trega foi o espectador máis ilustre dos cincocentos participantes no trail.
O castro de Santa Trega foi o espectador máis ilustre dos cincocentos participantes no trail.

O pasado domingo, o monte de Santa Trega acolleu a cuarta edición do seu trail, no que competiron cincocentos deportistas nas súas tres modalidades: a 'advance', de 18 quilómetros; a 'experience', de doce; e unha andaina nesa mesma distancia curta.

A proba, que transitou por paraxes de extraordinaria beleza na máxica cima guardesa e o seu lendario castro, percorreu, ademais, a subida da Cal, o mirador de Pedra Furada, o muro de Chans, a subida ós Castros, o muro do Facho, a subida a San Francisco e o muro do Cuncheiro nun traxecto con constantes subidas e baixadas.

Daniel Pazó e Mari Carmen Arias foron os vencedores na distancia longa, por diante de José Manuel Gil e Marcos Pascual e de Raquel Doiro e Rebeca Muñoz, respectivamente.

Na proba da ducia de quilómetros, José Lousada impúxose a David Patiño e Ramón Troncoso. Entre as mulleres, a máis veloz foi Carolina Otero, que apañou o trunfo por diante de María Pérez e Deneb Álvarez, que completaron o caixón da competición guardesa. n

Contenido patrocinado

stats