Varios gobernos locais están baixo a ameaza de censura

En Muxía celebrase hoxe a votación contra o alcalde socialista, nun acordo que inclúe a PP e BNG

Agencias

Publicado: 07 oct 2024 - 10:52

A moción de censura no Irixo, en agosto de 2023, espertou gran interese.
A moción de censura no Irixo, en agosto de 2023, espertou gran interese.

Para hoxe ás 12,00 horas está convocado en Muxía (A Coruña) o pleno no que se debaterá a iniciativa impulsada por PP, independentes e BNG para arrebatar o bastón de mando municipal ao socialista Iago Toba, e que pase a mans do independente Francisco Javier Sar. Se sae adiante, como previsiblemente ocorrerá, este concello da Costa da Morte vivirá a segunda moción de censura deste mandato local, após a do Irixo (Ourense).

Estas dúas mocións de censura sumadas a outra decena de substitucións por movementos de distinta índole -o de maior impacto, por número de veciños afectados, o da cidade de Lugo- sitúan na ducia os cambios de rexedor en pouco máis dun ano de mandato desde as últimas eleccións municipais (os concellos constituíronse en xuño do ano pasado). Os máis recentes, no Valadouro (Lugo) e Mondariz (Pontevedra) producíronse nas últimas semanas.

Pero máis aló destas substitucións, a inestabilidade, as tensións públicas e mesmo as ameazas de moción de censura marcan a vida política diaria en varios concellos do norte ao sur de Galicia, desde a localidade de Viveiro, na Mariña de Lugo, á cidade de Ourense, onde os enfrontamentos entre o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, e a oposición están á orde do día.

En Noia (A Coruña) a semana pasada materializábase a ruptura do goberno local e o alcalde, o popular Santiago Freire, quedaba en minoría despois de que un edil do seu grupo, após votar en contra dos orzamentos deste exercicio, formalizase a súa decisión de pasarse ao grupo mixto.

Pero a crise de goberno salpicou a outros municipios, como Fisterra, na mesma provincia coruñesa. Sobre este concello da Costa da Morte tamén sobrevoa a sombra dunha posible moción de censura contra unha rexedora, Áurea Domínguez, enfrontada co seu propio partido (Alternativa dos Veciños).

Igual que periodicamente sobrevoa sobre outro goberno local, o de Mugardos, que o PP dirixe en por a falta de acordo entre a esquerda, pero no que se produciron reunións -infrutuosas por agora- encamiñadas a explorar unha alternativa.

Ameazas de moción de censura houbo tamén en Pazos de Borbén (Pontevedra) e en Viveiro (Lugo), onde o PP retou abertamente aos dous concelleiros da formación independente XViveiro a pactar unha moción de censura contra a alcaldesa, a socialista María Loureiro, que goberna co BNG.

Prosperou

E no apartado de substitucións xa materializadas, en agosto de 2024, a localidade ourensá do Irixo converteuse na primeira en rexistrar unha moción de censura apenas dous meses despois da constitución da maioría de corporacións locais após o 28M, que tivo lugar o 17 de xuño. Houbo 13 excepcións (unha ducia de municipios, por mor de recursos, viron atrasados os seus plenos constitutivos até o 7 de xullo; e en Castro Caldelas repetíronse eleccións o 26 de novembro). En agosto de 2023 prosperou a moción do Irixo e o popular Manuel Cerdeira perdeu a Alcaldía, que quedou a independente Susana Iglesias (após o pacto alcanzado entre Xuntos polo Irixo e o PSOE). Era, até a rexistrada en Muxía, a única iniciativa deste tipo que se materializou na comunidade desde xuño de 2023.

En Lugo, as máis

A provincia de Lugo concentra a maior parte das substitucións do que vai de mandato, ademais dun caso curioso, o da localidade de Cervo, na Mariña, onde Alfonso Villares, a pesar de ser quen concorreu como cabeza de lista do PP ás eleccións do 28M, non chegou a tomar posesión ao ser fichado polo presidente galego, Alfonso Rueda, como conselleiro do Mar. O seguinte cambio na provincia produciuse en Vilalba (Lugo), onde a socialista Elba Veleiro deixou o bastón de mando en mans de Marta Rouco -accedeu á Alcaldía en outubro de 2023- para volver traballar como médica no centro de saúde da localidade. E no Valadouro José Manuel Lamela (PP) volveu o 19 de sptiembre á Alcaldía cos votos favorables do PP e da exregidora, María José Fernández, independente.

Outra fichaxe do líder do PPdeG, Alfonso Rueda, que decidiu crear unha nova Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, provocou un dos cambios rexistrados en Pontevedra. Rueda elixiu a José López, que tivo bastón de mando da Estrada recolleuno Gonzalo Louzao.

Silleda

Antes, a finais de xaneiro e co transfondo, de novo, das candidaturas autonómicas, tomou posesión como alcaldesa de Silleda, a socialista Paula Fernández Pena, que retomou a Alcaldía máis dunha década despois da súa renuncia após ser elixida senadora. Fíxoo despois de dimitir Manuel Cuíña, quen concorría na lista socialista por Pontevedra.

O círculo político pechouse na localidade pontevedresa, tendo en conta que Paula Fernández cedera o bastón de mando a Cuíña, á súa vez, en 2013. A semana pasada, Pontevedra sumaba o cambio de Mondariz. O goberno local presentou en bloque a súa dimisión a semana previa.

Contenido patrocinado

stats