Los Suaves e Gallego Jorreto, medallas de Ouro de Galicia

galicia

A Xunta tamén distingue ao pintor e escultor Francisco Leiro e o filólogo Basilio Losada Castro

Axencias/redacción santiago/ourense

Publicado: 15 jul 2016 - 02:06 Actualizado: 16 jul 2016 - 03:06

Los Suaves, en una actuación en el Derrame Rock de Ourense, en junio de 2015.
Los Suaves, en una actuación en el Derrame Rock de Ourense, en junio de 2015.

O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o pintor e escultor Francisco Leiro, o catedrático de Filoloxía RománicaBasilio Losada Castro, e a banda Los Suaves son os elixidos polo Executivo autonómico para ser recoñecidos coas Medallas de Ouro de Galicia 2016. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou os seus nomes ao termo da reunión semanal do seu Executivo, nunha rolda de prensa na que ratificou que a concesión das Medallas se materializará nun acto o 24 de xullo, véspera do Día de Galicia. Estes galardóns son o máximo recoñecemento que o Goberno galego entrega a personalidades ou colectivos que se consideran un "exemplo a seguir", toda vez que a súa actividade -remarcou este xoves Feijóo- "honra" e "fai mellor" a Galicia.

-O carballiñés Manuel Gallego Jorreto será un dos homenaxeados este ano, tanto pola súa traxectoria profesional coma pola súa actividade de promoción da cultura galega, tal e como destacou Núñez Feijóo. Doutor en Arquitectura, desempeñou durante máis de dúas décadas o papel de profesor de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismos da Universidade da Coruña e é recoñecido por edificios como o Mercado de Santa Lucía e o Museo de Belas Artes, na Coruña, ou o complexo presidencial da Xunta en Monte Pío, onde reside o xefe do Executivo galego.É Premio Nacional de Arquitectura, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Arquitectura.

-Tamén foi galardoado o cambadés Francisco Leiro, "unha das principais referencias da escultura galega", dixo Feijóo. Representante de España en 1985 na Bienal de Sao Paulo, dende o ano seguinte expuxo de forma regular en Arco (Madrid), Italia, Francia ou Nova York. Entre as súa obras está o ‘Sireno" da Porta do Sol de Vigo, a ‘Homenaxe a Castelao" da Alameda de Santiago ou o ‘Astronauta" de Valdemoro, en Madrid.

-Outros dos distinguidos é o catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona e catedrático de Filoloxía Galega Basilio Losada Castro polo seu labor en favor da lingua galega. Emigrante en Cataluña dende moi novo, Losada Castro converteuse, a través do ensino universitario, en referencia da cultura galega nesta comunidade dende os anos 60. Entre a súa obra destaca a ‘Antoloxía e Escolma de poesía galega". Entre outras distincións, foi recoñecido en 1991 co Premio Nacional de Tradución por ‘Memorial do convento", de José Saramago.

A lista de homenaxeados deste ano péchase co grupo ourensano Los Suaves, "unha das bandas con maior soleira do panorama musical" galego, dixo Feijóo. "As súas letras e o seu estilo inconfundible fixeron de Os Suaves un grupo mítico en Galicia e en España", recoñeceu o presidente da Xunta.

Manuel Gallego: "É como un agasallo moi satisfactorio"

O arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto amosouse "moi contento" pola concesión da Medalla de Ouro de Galicia. "É como un agasallo e resulta moi satisfactorio saber que che fan esta distinción", asegurou. Gallego Jorreto sinalou que se sinte especialmente orgulloso polo "significado da distinción, porque leva o nome de Galicia". O arquitecto carballiñés recoñece que é moi "excéptico" con todos os premios, "pero iste impón". Enterouse da concesión da Medalla onte, pola chamada dunha emisora de radio, "aínda que que hai uns días xa me dixeran que ma podían conceder".

Charlie Domínguez: "O galardón supera todo o imaxinable"

Charlie Dominguez, un dos fundadores do grupo ourensán de rock Los Suaves, amosou o seu orgullo pola distinción "nada menos que a Medalla de Ouro de Galicia. É moi emocionante este recoñecemento, que xa supera todo o imaxinable", dixo. Tamén comentou que "temos todos os recoñecementos da nosa cidade, e añadir agora este da comunidad autónoma é algo moi fermoso". Ademáis, subliñou que "foi algo que non esperábamos porque sempre nos hemos dedicado a facer música e tirar para adiante e non estaba en nosos plans recibir esta distinción. "Seguro que hai xente que o merece moito máis", dixo. n

Contenido patrocinado

stats