Rueda pide ao Goberno que atenda a negociación dos fondos europeos

Reclama en Bruxelas financiamento específico contra a seca e os lumes

Alfonso Rueda, onte en Bruxelas.
Alfonso Rueda, onte en Bruxelas. | EP

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, denunciou que o Goberno central vai con “moito atraso” para fixar a postura española coa que negociar o novo marco financeiro europeo.

En declaracións aos medios de comunicación durante a súa participación nos actos do comité europeo de rexións este martes, Rueda expresou a súa preocupación e indicou que este atraso é unha “opinión xeral”. O titular do Executivo galego trasladou a demanda de que a perspectiva rexional e local siga sendo “tida moi en conta” no novo marco, despois de que a Comisión Europea establecese a necesidade de facer plans de colaboración.

Segundo explicou, a parte formal da negociación comezará nun par de trimestres e as comunidades seguen sen ter noticias do Goberno de España. Rueda criticou que non foron convocados e que descoñecen que ministerio se encargará de coordinar o proceso. O presidente advertiu de que a convocatoria electoral do 29N agravou a situación “no peor momento”, aínda que matizou que tampouco “houbo un traballo previo”. Así, recalcou que “hai moito traballo por facer” e que o atraso non é culpa de comunidades nin concellos. Neste contexto, asegurou que o modelo de execución dos fondos MRR non funcionou pola súa centralización.

Tamén lembrou a Declaración Galicia, unha posición común para evitar a centralización das decisións económicas. A respecto dos novos fondos para o cambio climático, o presidente pediu que as políticas se aterren en cuestións concretas, reclamando financiamento específico para combater a seca e os incendios forestais. “A Comisión debe actuar como facilitadora das redes europeas para que a rexión periféricas podamos participar nas cadeas de valor da defensa”, opinou o titular do Executivo galego, mais matizou que o investimento en defensa “non debe desprazar a outras prioridades”.

Contenido patrocinado

stats