Rueda reafirma nas Medallas Castelao o valor da emigración
O presidente da Xunta solidarizouse con Venezuela e dixo que Galicia “vive co corazón encollido”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solidarizouse con Venezuela na cerimonia das Medallas Castelao 2026, asegurando que Galicia enteira “vive co corazón encollido” despois do dobre terremoto que azoutou o país e defendendo que a comunidade “dos nosos días non se entende sen a emigración”.
Así o trasladou no acto de entrega destas distincións, outorgadas a aqueles galegos que realizaron contribucións singulares, celebrado na Igrexa de San Domingos de Bonaval e coincidindo co aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía e do regreso a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Os galardoados nesta edición foron o trompetista Esteban Batallán, a física Mar Capeáns, o atleta Adrián Ben, a emprendedora gastronómica María Barallobre e Charo Barca, directora da Fundación Andrea.
O mandatario galego comezou a súa intervención coa mirada posta en Venezuela, país afectado por un dobre terremoto o pasado mércores no que continúan os labores de procura de sobreviventes. Venezuela enviou un “abrazo afectuoso” ao poboo irmán venezolano e á comunidade asentada en Galicia. “Todos vivimos esta traxedia como propia”, lamentou. “Este acto institucional representa ao conxunto de Galicia, unha Comunidade que é o resultado da achega e o esforzo de infinidade de persoas ao longo da historia, aquí e no exterior”, reivindicou, asegurando que a solidariedade galega “está e estará no futuro á beira de Galicia para axudalos a superar esta desgraza”. No seu discurso, o mandatario autonómico salientou que estas medallas son unha “expresión do afianzamento da autonomía de Galicia” , destacando que a Comunidade transitou estas case cinco décadas pola etapa de “maior estabilidade e progreso da súa historia. Democracia, autonomía e honestidade son o mellor ecosistema no que cultivar a prosperidade e a estabilidade institucional”, salientou.
Constitución
Neste sentido, remarcou que a España constitucional da que é parte Galicia “non pode admitir o máis mínimo intento de establecer discriminacións” ente cidadáns ou territorios. “A pesar de que con frecuencia tentan imponersenos a cambio de precarios respaldos parlamentarios”, apuntou.
Sobre os galardoados, o presidente autonómico puxo en valor as súas diferentes traxectorias, afirmando que constitúen unha “extraordinaria representación da Galicia” actual ao representar a un territorio “xeneroso, que cultiva a excelencia e desborda talento”.
Unha reivindicación do esforzo, a música, a ciencia e o talento
A primeira en recibir a Medalla Castelao foi Charo Barca, en representación da Fundación Andrea, entidade que leva 20 anos realizando o seu labor en apoio ás familias con nenos enfermos. A galardoada asegurou que recibir este recoñecemento é un “auténtico privilexio e unha gran responsabilidade” e dedicouno ás familias que loitan a diario por saír adiante.
A continuación, foi a quenda do trompetista Esteban Batallán, quen reivindicou a Comunidade como unha terra de músicos -na que o mesmo se formou- e a necesidade de “seguir coidando e apoiando” este talento. “Este é un recoñecemento a un sistema que funciona, o noso, dedícollo a todos os músicos de Galicia”, proclamou.
A terceira galardoada foi a física Mar Capeáns, que dirixe as operacións do CERN, o maior laboratorio de física de particular do mundo. Ao recoller a distinción, Capeáns quixo transmitir aos máis novos que “confíen no seu talento e non acepten os límites” e valorou a aposta pola ciencia no tecido industrial. De seguido, colocóuselle a medalla ao atleta viveirense Adrián Ben, quen recibiu o premio con “moito orgullo” e “honra”. “Aínda que só son un deportista levarei o nome de Galicia con dignidade a cada pista na que corra. Viva Galicia”, proclamou.
Finalmente, María Barallobre, propietaria de restaurantes ao redor de todo o mundo, recolleu o galardón, asegurando que é unha “moza de aldea” e que do mesmo xeito que Castelao gozaba escribindo, ela goza na cociña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Tragedia ferroviaria
Los Reyes presiden en Toledo el funeral por las 69 víctimas del accidente de Urda
Huelga general 11-N
Vigo será el epicentro de la primera huelga general en 14 años