O PSdeG demanda o acceso a axudas predoutorais aos licenciados en 2007
O voceiro parlamentario de Universidade do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou unha serie de iniciativas para que a Xunta garanta o acceso ás axudas predoutorais aos licenciados ou graduados en 2007.
Leiceaga explica nun comunicado que a Xunta non efectuou en 2010 ningunha convocatoria de axudas predoutorais e, nas aprobadas en 2011, establece como condición que conclúan os estudos de licenciatura, grao ou similares despois do primeiro de xaneiro de 2008.
O deputado resalta que, por iso, se deixan sen posibilidade de optar a estas axudas os estudantes que concluíron as licenciaturas en 2007 e durante dous anos fixeron o curso de máster ou diploma de estudos avanzados, imprescindible para completar os estudos de doutoramento.
Por iso, pídelle á Xunta que explique os mecanismos previstos para solucionar esta situación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Remo | Bandera Teresa Herrera
Tirán suma dos segundas plazas en A Coruña
Traineras | Liga ACT
Zarautz hiere a Chapela
Juegos Mediterráneos
Manu Rivas acaba cuarto en K2 y Carulla cae en dobles mixto