Ourense conta con 19 rutas que atravesan a variedade paisaxística

A paisaxe de Galicia desde a bicicleta

A provincia divídese en tres áreas: “Chairas, fosas e serras”, “Serras surorientais” e “Ribeiras do Miño e do Sil”

A ruta BTT de Allariz ó seu paso polo río Arnoia.
A ruta BTT de Allariz ó seu paso polo río Arnoia.

A paisaxe de Galicia desde a bicicleta” inclué 19 rutas na provincia de Ourense que atravesan a ampla variedade xeográfica do territorio. Neste caso, son tres as áreas paisaxísticas nas que se divide o territorio ourensán: “Chairas, fosas e serras ourensás”, “Serras surorientais” e “Ribeiras encaixadas do Miño e do Sil”.

Variedade paisaxística

A primeira delas son as “Chairas, fosas e serras ourensás”, que abrangue a maior parte do territorio e contempla un total de 10 rutas dentro do visor da Xunta de Galicia. Catro delas teñen un percorrido circular, como son a Travesía Centro BTT Allariz - Vilar de Santos, a Ruta Cicloturista do Concello da Bola, a Ruta Cicloturista do Concello de Oímbra e a Ruta Cicloturista dos Lagares, que abranguen percorridos que atravesan concellos das comarcas de Monterrei, A Limia, Terras de Celanova, Allariz-Maceda, Baixa Limia e Ourense. Nesta proposta de rutas, que suman máis de 400 kilómetros salienta o percorrido entre Allariz e Vilar de Santos, cunha lonxitude de 84,38 kilómetros e un nivel de dificultade moi duro e un desnivel acumulados de 1.675 metros, pensado para os ciclistas máis experimentados. Similares son os 52,79 kilómetros da ruta circular do Concello de Oímbra, cun desnivel de 1.085 metros e unha dificultade moi avanzada.

Esta decena de rutas inclúe tamén percorridos para as persoas que desexan iniciarse no pedal, con dificultades moderadas e distancias máis curtas, como poden ser o Camiño Natural de San Rosendo que vai de Bande a Celanova ou a súa continuación ata Ourense ou a Ruta dos Lagares, por Oímbra. Todas elas ofrecen unha ampla variedade paisaxística atravesando zonas de montaña, vales fluviais ou núcleos de poboación de interese turístico.

A Ribeira Sacra

A área paisaxística das “Ribeiras encaixadas do Miño e do Sil” abrangue boa parte das provincias de Lugo e Ourense. Nesta última contémplanse cinco rutas dentro da iniciativa “A paisaxe de Galicia desde a bicicleta”. Tres delas transcorren polas ladeiras da Ribeira Sacra. Salienta o Camiño Natural, unha ruta lineal de 23,5 kilómetros que parte do Alto do Couso en Maceda e chega ata a estación de Santo Estevo de Ribas de Sil. Cunha dificultade moderada e un desnivel acumulado de 344 metros, é perfecta para as persoas que desexan iniciarse nas dúas rodas.

As outras dúas teñen como orixe e final o Mosteiro de Santo Estevo e a Fábrica da Luz de Parada de Sil en dúas etapas, ámbalas dúas de dificutlade moi dura e desniveis acumulados que superan os 1.200 metros. A primeira delas parte do parador turístico para percorrer 46,75 kilómetros ata a Fábrica da Luz, mentres que a segunda etapa percórrese en sentido inverso nunha distancia de 37,95 kilómetros.

Nesta mesma área paisaxística, incúese tamén a ruta cicloturista do Concello da Peroxa, unha proposta circular de 23 kilómetros cunha dificultade dura a través da orografía do municipio da comarca de Ourense.

Seguindo as marxes do río Sil e adentrada xa na comarca de Valdeorras, completa o catálogo desta área paisaxística o Camiño Natural Vía Nova Ourense Leste, unha ruta moi dura de máis de 47 kilómetros que separa o Alto da Biobra en Rubiá co núcleo de poboación de Petín.

Contenido patrocinado

stats