Lolo Pérez, o brigadista que rescatou a Yago Nogueira en Oímbra: “A orde era de non subir pero a decisión foi intentalo si ou si”
ENTREVISTA
A subida con Lolo a Bousés (Ourense) para visitar a Yago foi unha viaxe chea de emoción contida. Este brigadista de Riós non volvera á zona do rescate e quería parar no lugar exacto desde o que non dubidou en lanzarse ao monte nunha carreira contrarreloxo para atopar a Yago e a Cristian con vida.
Pregunta. É un monte moi escarpado, non había saída?
Respuesta. Eles ao verse rodeados do lume, bloqueáronse -di sinalando o alto desde o que Yago facía sinais-. É a miña suposición. Poideron quedar carbonizados porque estes lumes collen moita temperatura e foi moito tempo. Para min que atravesaron as lapas.
P. Eran tres brigadistas. Complicouse a situación ao separarse cando fuxiron?
R. Eso nunca pode pasar, é unha tolemia. Hai que manterse todos xuntos. Tiñan que buscar unha vía de escape e fuxir cara o xa queimado, non cara o lume.
P. Principalmente é monte baixo. Por que se orixinan uns lumes tan intensos?
R. Un dos grandes problemas é o factor humano porque o a maioría son provocados. Outro factor determinante que fan estes lumes con estas magnitudes é o abandono do rural. Antigamente as terras eran de cultivo, había leiras e o gando pastaba, pero xa non. Ademais, en Galicia temos humidade e a vexetación crece dunha forma desmesurada. Non axuda. E o tempo, coas altas temperaturas e o vento, faise complicado. As medidas contraincendios deben ser a longo prazo.
P. Pasaron oito meses ata reencontrarte con Yago. Tiñas ganas?
R. Moitas. Tiñamos algo de información entre os compañeiros no tempo que estivo no hospital. Rara era a semana que non falamos de Yago, pero quixen deixar pasar un tempo e que se recuperara.
P. Por que decidiches agora visitalo?
R. Yago é un compañeiro de loita. É xoven e a vida é así, ás veces faiche sufrir, pero hai que afrontala.
P. É o peor que viviches como bombeiro forestal?
R. Tiven outro rescate dun compañeiro no 2002, no parque natural de O Invernadeiro. Non foi cara a (terra) queimada. Moi complicado, pero sacámolo.
P. Volverías arriscar a túa vida por alguén nun incendio?
R. Por suposto, se o corpo mo permite, sen dúbida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar