Lecturas para non esquecer o legado
Galaxia reedita a súa obra e publica biografías e estudos sobre autora viguesa
Galaxia é a editorial que, en vida, publicou a obra de Begoña Caamaño, que acaba de reeditar para conmemorar este ano das Letras Galegas. Asemade, a súa vida, a súa aportación literaria e a súa traxectoria xornalística é obxecto de análise noutros catro libros saídos do prelo desta editorial. “A súa obra segue a dialogar co presente desde a reescrita dos mitos, cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria”, afirman en Galaxia, onde recordan que no eido literario, Begoña Caamaño deixou dúas novelas fundamentais na cultura galega: “Circe ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle”.
Circe e Penélope
Circe ou o pracer do azul
Primeira novela de Begoña Caamaño. Cando Penélope comeza a temer a morte do marido, recibe a carta dunha estraña. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra é só un pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.
Prezo: 23,00 euros
Mito artúrico
Morgana en Esmelle
Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Con preguntas coma esta, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle.
Entre outras distincións, foi Premio da Crítica Española ao Mellor Libro de Narrativa 2012.
Prezo: 19,50 euros
A pegada da Begoña xornalista
Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía.
María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, fai un percorrido pola traxectoria profesional da autora viguesa e a súa pegada neste ámbito, onde conflúen xornalismo e literatura.
Precio: 25,7 euros
Pecorrido íntimo e vital pola autora
“Volveredes brindar por min”
A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos esta biografía da autora viguesa.
Precio: 15,40 euros
A súa faceta máis insubmisa
“O transgredir das ondas”
Nesta obra dramática, Paula Carballeira percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado “O transgredir das ondas”, onde a xornalista Xoana Barreiro reconstrúe a faceta máis insubmisa e desobediente da autora viguesa.
Prezo: 12,80 euros
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último