Jorquera será candidato á Xunta e o Consello terá 24 postos da UPG e 23 de Máis Galiza e EI

O actual voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, será o candidato pola formación nacionalista para a Presidencia da Xunta nas próximas eleccións autonómicas; ao conseguir 2.338 votos da militancia, un 53 por cento dos apoios; mentres que Carlos Aymerich quedou con 2.043 sufraxios, un 46 por cento. Pola súa banda, a candidatura de Alternativa pola Unidade conseguiu 24 postos no Consello Nacional e a de Máis Galiza e Encontro Irmandiño, 23.

EFE
Publicado: 29 ene 2012 - 19:04 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:42
Francisco Jorquera (Foto: EFE)
Francisco Jorquera (Foto: EFE)

Concretamente, a lista que encabeza Guillerme Vázquez obtivo 2.164 votos, máis do 48,7 por cento dos votos; mentres que a candidatura encabezada por Xosé Manuel Beiras conseguiu 2.026 sufraxios, o 45,63 por cento, o que obrigou unha segunda volta para definir quen é o voceiro nacional.

Ademais, a candidatura Movemento Galego ao Socialismo, liderada por Rafael Vilar, conseguiu 248 votos, un 5,5 por cento de apoios dos participantes na XIII Asemblea Nacional, a máis numerosa da última década, cuns 5.300 afiliados inscritos e na que votaron 4.438 militantes.

COMPAXINAR

Francisco Jorquera, actual voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, compaxinará a responsabilidade en Madrid coa candidatura á Xunta, algo que tamén lle servirá de plataforma ata que se celebren os próximos comicios autonómicos.

Tal e como el mesmo recoñeceu nunha conversación informal cos xornalistas, deixará o seu escano na Cámara Baixa cando se convoquen os comicios autonómicos, o cal no seo da formación nacionalista --admitiu-- prevese para o mes de outono.

'MILITANCIA CON CORAZÓN'

'Hai que irlle ao corazón á xente, e aínda hai parte da metade da militancia que ten corazón', manifestou Xosé Manuel Beiras nun corrillo con militantes ás portas do plenario. Previamente, o 'irmandiño' referiuse ao 'empate técnico' que supoñen os resultados.

Os 'irmandiños' mostráronse emocionados co respaldo conseguido para a candidatura que lideraba o exvoceiro nacional, tal e como expresou Concha Trigo dirixíndose aos medios de comunicación que seguían a conversación de membros desta candidatura: 'El merecía este recoñecemento'.

De feito, os membros desta candidatura, conformada tamén por Máis Galiza, improvisaron un aplauso á chegada de Xosé Manuel Beiras á sala da candidatura no pavillón do recinto feiral de Amio, co que tamén pretendían celebrar os resultados obtidos.

COMPOSICIÓN DO CONSELLO NACIONAL

Os 50 membros do Consello Nacional --máximo órgano de decisión entre asembleas-- que se deciden en asemblea (os demais escóllense nas bisbarras), repártense de xeito que a candidatura Alternativa pola Unidade (ApU) queda con 24 postos; a lista de Máis Galiza e Encontro Irmandiño; con 23; e a candidatura de Movemento Galego ao Socialismo, tres.

O regulamento establece que os postos da Executiva Nacional se reparten proporcionalmente en función dos apoios conseguidos na asemblea para o Consello Nacional, un sistema novidoso que se aplicou neste conclave por primeira vez.

Polo tanto, a Executiva, que conta con 15 membros, se reparte en sete para a ApU, outros tantos para a alianza de Máis Galiza e Encontro Irmandiño; e unha praza para Movemento Galego ao Socialismo.

O Consello Nacional queda conformado do seguinte xeito:

Alternativa pola Unidade (24)

Guillerme Vázquez, Carme Adán, Montserrat Prado, Miguel Anxo Fernández Lores, Ana Pontón, Francisco García, Rosana Pérez, Francisco Rodríguez, María Teresa Moure Pereiro, Mario Outeiro Iglesias, Tereixa Paz Franco, Alberte Ansede, Iria Aboi, Xosé Ramón Ermida Meilán, María Isabel Serantes, Carlos Fernández Concheiro, Carme Dasilva, Bieito Lobeira, Elvira Cienfuegos, Xoán Manuel Sande Muñiz, Paz Abraira, Manuel Caride Correa e Anabel Gulías Torreiro.

Novo Proxecto Común. Refundación e rexeneración (23)

Xosé Manuel Beiras, Sandra González, Carlos Aymerich, Concepción Trigo, Xoán Bascuas, Ana Luísa Bouza, Martiño Noriega, Xulia Guntín, Luis Eyré, Paula Vázquez, Xurxo Rodríguez, María Méndez, Manuel González López, Iolanda Pérez Docampo, Xesús Veiga Buxán, Sandra Arauxo, Mario López Rico, Sara Torreiro, Luis Seara, Dominga Brión, Xosé Chorén, Mónica Díaz e Xusto Fernández Haro.

Movemento Galego ao Socialismo (3)

Rafael Vilar, Noa Presas e Pedro Pérez Caride.

Contenido patrocinado

stats