Un incendio arrasa setenta hectáreas nos cañóns do Sil

A primeira estimación realizada polo incendio da localidade lucense de Sober, que se rexistra na parroquia de Anllo, eleva a 70 as hectáreas de superficie calcinada, entre arboredo e monte raso, aínda que aínda non están separados estes dous tipos de superficie. Segundo confirmou Medio Rural, o incendio seguía activo a última hora da tarde de onte, pero se espera que non se propague por unha maior superficie da rexistrada, posto que se están queimando arbustos entre pedras que son ‘inabordables’.

Agencias
Publicado: 12 ago 2010 - 21:55 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:36

No incendio traballan dous técnicos, 12 axentes forestais, 40 brigadas -compostas por entre cinco e sete persoas-, 13 motobombas, seis helicópteros, dez avións e sete pas. O alcalde de Sober, o popular José Gómez, mostrouse convencido de que o incendio que se rexistra na zona dos canóns do Sil foi intencionado. ‘Para o meu foi intencionado. Non empezou á beira de ningunha estrada. Algún veciño dixo que se iniciou por tres frontes’, concretou o rexedor municipal. Gómez puntualizou que o lume iniciouse encima dunhas viñas, ‘que están a douscentos metros da estrada’ na tarde do martes. Asegurou que onte mércores ‘hai varios puntos pequenos’ e onde se localiza, nos canóns cerca do río, ‘non hai carreiro e as brigadas non poden andar’. ‘Se o aire non lle axuda, eu creo que se irá morrendo aos poucos’, dixo.

Contenido patrocinado

stats