Un incendio afecta a dous pubs de Lugo e obriga a desaloxar varias familias

Un incendio afectou dous pubs da Rúa Nova da cidade de Lugo e obrigou a desaloxar varias familias, pero non se rexistraron persoas feridas.

Agencias

Publicado: 02 ene 2012 - 10:31 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:42

Segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Local de Lugo e do 112, o incendio orixinouse sobre as 4.00 horas nun establecemento hostaleiro situado no número 43 da Rúa Nova.

Foron mobilizados os Bombeiros de Lugo, a Policía Local e Protección Civil. Fontes policiais sinalaron que o incendio comezou nun pub e cando se ían retirar os efectivos de extinción tras sufocalo, volveuse reproducir no local hostaleiro do número 45.

Se ben non houbo feridos neste incendio, as mesmas fontes policiais indicaron que foron desaloxadas varias familias residentes no lugar.

Ás 5.50 horas os bombeiros confirmaron que ardera un establecemento hostaleiro e a Policía Local indicou que o lume afectara a outro situado ao lado.

No lugar do incendio permanecen os bombeiros que acudiron a sufocar as lapas e efectivos da Policía Local, entre outro persoal mobilizado.

Contenido patrocinado

stats