A Galicia que ven, que foi e que será...
Galicia é unha comunidade autónoma situada no noroeste de España, é unha comunidade con catro provincias iguais e tan distintas entre elas, Galicia é rica en mitoloxía celta, música tradicional e gastronomía
Galicia é costa atlántica, rías, ríos, montañas e clima oceánico. Galicia é cultura, historia e poesía.
Pero Galicia é moito máis, é un sentir, é unha pertenza, é morriña cando non estás… pero, sobre todo, e nun día tan especial, é importante sinalar que Galicia é unha terra de persoas traballadoras, de persoas loitadoras tanto dentro das súas fronteiras galegas como en calquera lugar do mundo, sen medo a emigrar, a separarse da súa familia e raíces (pero sen esquecerse nunca de elas!). E sen desmerecer ao outro cincuenta por cento, Galicia caracterízase polas súas mulleres traballadoras, loitadoras, matriarcas que conxugaron traballo dentro e fóra de casa, mantendo unidas ás familias, transmitindo a cultura e valores que nos caracteriza de xeración en xeración.
Creo que é innegable o valor para o conxunto da sociedade do papel que exerceron as mulleres tanto no ámbito persoal como no profesional, aínda que non suficientemente recoñecido e/o valorado en todos os seus aspectos/ámbitos.
Desde fai case quince anos na Asociación Executivas de Galicia tentamos poñer en valor o papel da muller no ámbito profesional, así como axudar na medida do posible a mulleres de todas as idades e circunstancias a través de programas como Edureferentes (en idade escolar), Executivas Junior (de 20 a 35 anos), Xerando Redes +45 (maiores de 45 anos), Referentes Galegas; tamén se tenta conectar mulleres, crear redes a través de networking, comidas, xuntanzas; compartir coñecemento, formación… é necesario resaltar a importancia de trasladar esa cultura galega da axuda e o esforzo entre familias, da conexión e o apoio ao ámbito profesional das mulleres.
O crecemento da Asociación desde os seus inicios foi exponencial, pasando xa das 300 asociadas, pero querendo seguir aumentando o capital humano e a colaboración con distintas organizacións. Tanto as distintas mulleres vinculadas á Xunta Directiva ao longo de todos estes anos, así como cada asociada, xogou un papel esencial no desenvolvemento da mesma. É importante que se poña en valor ás mulleres galegas ou con vínculos en Galicia (terra de acollida), profesionais, tanto dentro de Galicia como fóra, pero sempre cun sentir común.
E iso ponse en valor o 25 de xullo, día de Galicia! A semana pasada estiven como presidenta da Asociación Executivas de Galicia nas Medallas de Galicia, entregada a S.A.R. Dona Leonor de Borbón, encantadora e que se dirixiu aos asistentes en galego, con cariñosas palabras para a súa estancia en Galicia, desde todas as frontes: a xente, a gastronomía, a paisaxe. E máis e máis emotivas homenaxes á nosa terra haberá, caracterizados por unha maior presenza feminina, sumando e creando valor para as xeracións presentes e futuras.
Galicia non sería o que é sen a súa xente, sen a súa cultura… sen as súas mulleres.
Carmen Costas, avogada, profesora Universidade de Vigo e presidenta de Executivas de Galicia
Contenido patrocinado
También te puede interesar