A Galicia tecnolóxica, o futuro que xa é presente

Nun contexto internacional de incertidumes, neste 25 de xullo permítome apelar desde estas páxinas ao optimismo, un optimismo lonxe de conceptos simplistas

Publicado: 25 jul 2025 - 02:00

Proxecto da planta de chips fotónicos.
Proxecto da planta de chips fotónicos.

Os datos do Informe ARDÁN 2025, que elaboramos desde a Zona Franca de Vigo, coa análise rigorosa de 45.000 empresas, deixan claro que estamos a facer ben as cousas. E os números así o confirman.

Nestes anos melloramos os indicadores económicos do tecido empresarial galego cuns ingresos de explotación de case 140.000 millóns de euros, un 5,2% máis, xerando 33.480 millóns en valor engadido bruto, un 8% máis. Os beneficios empresariais alcanzaron en 2023 11.390 millóns. O emprego creceu un 3%, e creouse un novo posto de traballo por cada 10 existentes. Crece a productividade, a internacionalización, a circularidade e incluso a igualdade de xénero nas empresas, aínda que neste caso o avance sexa insuficiente. E un dato máis: ningunha outra comunidade creceu tanto na converxencia con España. Escalamos do posto 15 á novena posición do ranquing.

E queremos seguir crecendo. O textil, a automoción ou o turismo son motores económicos, pero Galicia debe apostar polos novos sectores industriais que cambian a forma de entender a competitividade e o mundo empresarial e laboral. A innovación, a transformación dixital, a robótica, a automatización, a Inteligencia Artificial ou a fotónica son o camiño da industria que ven. É unha nova forma de entender o desenvolvemento industrial para ser modelos de diversificación da actividade produtiva, de progreso tecnolóxico, de sostenibilidade e, por consiguinte, de xeración de riqueza e creación de emprego de alta calidade.

E nelo estamos. Este 25 de xullo pechamos un ciclo anual que nos deixa grandes noticias no eido tecnolóxico. A confirmación da planta de chips fotónicos, que se instalará nun dos parques da Zona Franca de Vigo e que estará operativa no ano 2027, é todo un hito xa que con ela Galicia será clave para a soberanía tecnolóxica de España e Europa na producción destes semiconductores, esenciais polas súas aplicacións en radiofrecuencia, radares, automoción, comunicacións ou biomedicina. A fábrica do proxecto SPARC porase ao fronte de Europa no deseño dos chips xa que será a única que os produza baseados en nitruro de galio, a tecnoloxía clave para a autonomía estratéxica europea. Sitúanos como punto clave nesa soberanía tecnolóxica para non depender de Asia ou Estados Unidos. Un exemplo de colaboración público-privada cun ecosistema fotónico, cunha capacidade de 20.000 obleas ao ano, e case 800 postos de traballo directos e indirectos de alto valor.

O mesmo ocorre coa chegada ao HUB TIC de Zona Franca do Centro de Aeroespacial e Defensa de Indra Group. A decisión de escoller Vigo do xigante tecnolóxico suporá un icono de ultra-especialización e reflicte o modelo de industria de seguridade e defensa: un ecosistema de innovación aberta, que potencie o talento local, que atraiga inversión e que tamén contribúa á autonomía tecnolóxica. A instalación impulsará o desenvolvemento económico en Galicia e, en especial, a actividade ligada ao ámbito TIC, amais de traccionar todo o ecosistema. É una aposta pola tecnoloxía e polo emprego de altísima calidade.

O mesmo podemos dicir da Incubadora de Alta Tecnoloxía especializada en conectividade, 5G e ciberseguridade, financiada na súa maior parte por Europa e que ocupará espacio no mesmo espacio TIC. Ou podemos falar de toda a innovación que está a marcar o HUB da Automoción, outro dos grandes tractores da nosa economía con Stellantis como gran motor. Que dicir do sector biotech que continúa ao alza, ou das enerxías limpas, ou do HUB Aeroespacial, sector estratéxico, de alto valor engadido, que crece de forma superlativa. Só o pasado ano o cen por cen dos nanosatélites para uso comercial feitos en España fabricáronse nas nosas instalacións del área de Vigo.

Así que, neste Día de Galicia, quero presumir de territorio e de xente que, amais de paisaxes ou gastronomía exquisitas, tamén síntese moi orgullosa do seu talento, innovación e do seu emprendemento que nos sitúa na revolución da nova industria sen que tiñamos nada que envexar a ningún outro territorio, e cunha aposta clara polo fluxo de tecnoloxía e coñecemento entre universidades, centros tecnolóxicos, administracións e ecosistema empresarial.

Feliz 25 de xullo!

David Regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo

Contenido patrocinado

stats