Galicia y la provincia se venden en Fitur
Fitur 2025
Rueda destaca la hospitalidad gallega como reclamo de “tierra acogedora”. López presenta Rías Baixas como ejemplo de turismo de futuro y “destino total”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte a hospitalidade como un dos principais valores do turismo galego e apostou por seguir reforzando, dentro dos parámetros da sustentabilidade, un sector que xera riqueza e emprego: actualmente representa o 13% do PIB e 130.000 empregos.
Así o puxo en valor esta mañá durante a súa participación na presentación sobre a Comunidade que se organizou no espazo institucional que ten Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), baixo o lema Galicia, terra acolledora. Neste acto, no que tamén interveu o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, o titular do Executivo galego estivo acompañado tamén por rexidores municipais, membros do Goberno galego e profesionais do sector turístico.
Na súa intervención, Rueda puxo en valor que os galegos teñen demostrado ao longo dos anos ser “xente acolledora” nunha comunidade de “portas abertas” na que “todo o mundo é benvido”. Un espírito que, segundo sinalou, aínda se mantén, tal e como demostran os datos da última Enquisa de residentes elaborada por Turismo de Galicia que reflicte que ao redor do 90% dos galegos valoran o turismo de forma positiva ou moi positiva.
O presidente salientou, ademais, os innumerables atractivos de Galicia como destino que provocan que o visitante teña “unha experiencia inesquecible”. Isto é así grazas á ampla oferta de turismo cultural, rural, de praia, termal ou enogastronómico; e é quen de facelo en diferentes puntos de territorio, o que contribúe ao modelo de sustentabilidade que promove o Goberno galego.
Por último, recordou que en apenas dous anos se celebrará o Xacobeo 2027, para o que “hai que empezar a traballar xa”, especialmente tendo en conta o éxito do anterior dobre Ano Santo. Neste sentido, o presidente da Xunta apuntou á importancia do Camiño de Santiago como un “eixo que nos beneficia a todos”.
Galicia participa nesta edición de Fitur cun espazo de máis de 1.000 metros cadrados que busca reivindicar a hospitalidade e a sustentabilidade como valores do turismo galego.
Precisamente, con este último obxectivo en mente, reutilízanse as instalacións do ano pasado, que foran galardoadas co Premio ao mellor stand. Acollerá máis de 40 presentacións e falarase de Galicia como refuxio climático, da programación dos concertos para o próximo Xacobeo ou da candidatura da Ribeira Sacra ao Patrimonio Mundial. Tamén haberá demostracións culinarias e de Artesanía de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar