Falece Luis Otero, xornalista que nunca esqueceu a terra de orixe

OBITUARIO

Natural de Piñeira de Arcos, en Sandiás, o escritor que deixou unha vintena de obras

Publicado: 09 may 2026 - 10:14 Actualizado: 09 may 2026 - 10:35
Luis Otero, na presentación dun libro.
Luis Otero, na presentación dun libro. | Atlántico

O xornalista e escritor ourensán Luis Otero Quintas faleceu o xoves en Madrid aos 84 anos. Con el vaise un referente da comunicación na España comprendida entre os últimos anos do franquismo e a transición, ata ben entrado o século XXI. Natural de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás, era fillo de Luis Otero Bobillo, mestre no seu pobo natal e corresponsal de La Región durante moitos anos. Algunha vez sinalou que esa última circunstancia seguramente lle influiu para empezar a escribir e descubrir a que foi a sua verdadeira vocación e se convertiría tamén nunha paixón, que transmitiría tamén á terceira xeración da saga familiar.

Xa como profesional, traballou en La Actualidad Española, o diario Arriba, pero sobre todo na revista Personas e Interviú, onde foi membro destacado da sua redacción e chegou a ser subdirector. Tamén colaborou en El Jueves, Hermano Lobo, A las Barricadas ou El Virus Mutante. Na sua traxectoria literaria puxo na rua cerca dunha vintena de obras, a maior parte delas adicadas a retratar a España pacata e ultracatólica do franquismo como “Al paso de la paz”, “Gris marengo”, “Mi mamá me mima”, “La española cuando besa”, “La Sección Femenina”, “Flechas y Pelayos”, “He aquí la esclave del señor” ou “El sexto, no fornicar”; todas elas éxitos editoriales.

Segundo o profesor e escritor Delfín Caseiro, a Luis Otero debémoslle “tanto na prensa como nas suas novelas, a condición de renovador da linguaxe, introducindo a retranca na sua narrativa”. Subliña que o autor deixa unha fonda pegada na comarca da Limia e en cuxo Museo está presente a sua obra. Pola sua parte, o concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez Salgado, apunta ao seu apego á terra de nacemento, onde “mantiña os amigos da sua infancia” e sempre “sempre atendeu as peticións de colaboración que se facían dende eiquí” ou que “mentras viviu a sua nai gardaba na casa paterna moitos documentos e revistas. Sempre presumiu de galego, de ourensán e de limiao”, conclúe.

Hai anos confesou na este mesmo xornal, que consideraría un remate redondo para a sua vida profesional acabar traballando no medio no que escribira seu pai. Deste apego aos primeiros tempos, da idea a presencia nalgunhos libros, con pasaxes da sua propia historia infanto-xuvenil como suxeito activo ou pasivo do sistema de vida do franquismo, nos que ridiculizaba a moral e costumes imperantes. Do vencello coa terra da idea tamén o feito de que no seu perfil de Facebook -mantívoo activo ata hai tres anos- publicara en galego.

Militante na bohemia, Luis Otero tuvo unha persoalidade desbordante na que, ademáis dos seus, couberon un gran número de amigos e colegas cos que era capaz de deter o tempo. Os problemas de saúde reduciron e mediatizaron a sua actividade nos últimos anos, pero non poideron quitarlle as duas ou tres vidas vividas na bohemia entre sorbos e caladas ca morea de amigos e colegas aos que deleitaba cas finas análises soportadas na vasta cultura e a capacidade para ollar o mundo que o rodeaba.

Os seus restos mortais foron despedidos onte ás oito da tarde no tanatorio municipal de Majadahonda (Madrid).

Contenido patrocinado

stats