Elecciones 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos no repetirán escaño
AEMS-Ríos con Vida afirma que este proxecto implica un 'gravísimo impacto ambiental', ao tempo que suporá a perda dun '30 por cento dunha grande cantidade de enerxía necesaria para elevar 108 toneladas de auga por segundo a máis de 800 metros de distancia', segundo explica a asociación nun comunicado.
Así mesmo, as alegacións presentadas pola organización e que se refiren ao estudio ambiental elaborado pola empresa eléctrica 'carece do interese social inescusable para que un proxecto privado goce dos beneficios da expropiación forzosa'.
Desta forman, AEMS-Ríos con vida denuncia que este estudio 'carece dun exame serio e rigoroso das alternativas, dándose por válida a instancias de Iberdrola a súa única 'alternativa 3', o que para a organización 'invalida o seu estudio de impacto posto que se presentan como as outras dúas alternativas as que xa foron rexeitadas' nun proxecto anterior'.
Así as cousas, os ecoloxistas estiman que o estudio ambiental de Iberdrola 'carece do detalle e rigor necesario á hora de valorar e avaliar os efectos ambientais sobre hábitats e especies protexidos', xa que ao seu modo de ver 'non inclúe información ambiental indispensable neste tipo de proxectos'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar