A e-receta permite destinar 250.000 horas máis a consultas
As consultas administrativas, aquelas nas que o cidadán acode ao seu médico de cabecera para recoller recetas, pasaron de supoñer a cuarta parte a representar o 12 por cento da carga de traballo dos médicos galegos grazas á introducción da e-receta ou prescripción electrónica do tratamento farmacolóxico.
Segundo os datos da Consellería de Sanidade, isto tradúcese en 1,5 millóns de citas menos para consultas administrativas, o que significa que se destinou á atención sanitaria de pacientes 250.000 horas que antes se adicaban a consultas para prescribir un tratamento. A e-receta xa é posible no 79 por cento dos centros de Atención Primaria de Galicia, de forma que beneficia a 2,4 millóns de galegos, é dicir, o 87 por cento da poboación da comunidade.
A actual Consellería de Sanidade propúxose reforzar a dispensación electrónica e reivindica o reforzo que imprimiu a este obxetivo, xa que asegura que en abril do ano pasado só 26 centros de saúde e o 7 por cento das farmacias estaban conectadas á e-receta. Neste senso, remarca que actualmente 440 centros de saúde, que cubren o 98 por ciento da poboación galega, dispoñen de acceso ao sistema de historia clínica electrónica Ianuse 380 están integrados no proxecto de receta electrónica, con 1.358 oficinas de farmacia conectadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
fútbol | tercera federación
Hacia la zona noble
voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón