O domingo "Fareleiro" arranca un mes de troula en Xinzo de Limia
ENTROIDO 2020
A vila vive desde hoxe un mes de troula para celebrar un dos Entroidos más tradicionais
Despois do petardazo que congregou a centos de persoas en Xinzo de Limia, a vila ten este domingo unha nova cita co Entroido co seu domingo "Fareleiro". Veciños e visitantes participan esta tarde nas "fareladas", auténticas batallas de fariña que deixan as rúas de Xinzo baixo un manto blanco.
Unha cita na que voarán máis de 1.000 kilos de fariña e na que a troula e a música están aseguradas.
Unha xornada que da comezo a un mes de celebracións dun dos Entroidos más arraigados na provincia e que continúa o vindeiro fin de semana co colgamento do meco e co domingo Oleiro, no que nesta ocasión as olas sustituirán á fariña e voarán polas rúas de Xinzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último