A Deputación adía ao 22 de maio o peche en Vigo da xira “X Xela”

Publicado: 12 may 2021 - 02:21 Actualizado: 14 may 2021 - 15:32

A Banda da Loba repetirá concerto en Vigo.
A Banda da Loba repetirá concerto en Vigo.

O principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, “X Xela”, adíase ao sábado 22 de maio, sengundo confirmou onte a deputada de Lingua María Ortega. A previsión de mal tempo impide realizar o acto este xoves para, no seu lugar, pasar á vindeira semana pechando así a xira que está a percorrer toda Galiza.

“X Xela” é parte da programación que a Deputación está a desenvolver para conmemorar as Letras Galegas 2021 baixo o lema “365 días en galego”, con actividades dirixidas principalmente á xente moza e co obxectivo de reivindicar a lingua propia como identidade.

Trátase dun espectáculo multidisciplinar no que todo xirará ao redor da obra da autora mesturando tres formatos: música, poesía e fotografía. “Será un show dinámico, atractivo e 100% feminino para homenaxear a unha poeta tan singular”, apuntou Ortega. A asistencia é gratuíta previa inscrición en

www.depo.gal, tanto para o acto de Vigo (22 de maio) como para o de Pontevedra (14 de maio).

A parte musical correrá a cargo da Banda da Loba, que xa o pasado domingo presentara en Vigo un adianto do seu EP “Hasme oír”, baseado en poemas de Xela Arias. A parte de fotografía tómase das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria. A parte poética contará con Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa e Nuria Vil e Vanessa Glemsel.

Contenido patrocinado

stats