Elecciones 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos no repetirán escaño
Tras o grave incendio que afectou ao Santuario da Virxe da Barca de Muxía, o pasado día 25 de decembro, esta mesma mañá comezaron os primeiros traballos de reparación, que pasan inicialmente pola colocación dunha estada para retirar parte dos entullos 'de lousa e outros restos que se atopan arriba da bóveda', explicou o rexedor. Unha vez finalizada esta parte, retirarase esta plataforma e colocarase noutro lateral da igrexa para acometer a mesma tarefa.
Os labores de desentullo está previsto que rematen 'entre hoxe e mañá', indicou Félix Porto. Non obstante, sinalou que, se fose necesario 'e o tempo permíteo', continuaríase con eles o sábado.
'A partir de aí, poderemos ver o grao de afectación', indicou o alcalde, quen precisou que o desentullo se levará a cabo de forma 'que non quede sobre a bóveda todo o peso', apostilou.
Sobre o seu custo, dixo que non está cuantificado. Así, precisou que o obxectivo é proceder a reparar a igrexa 'e logo iremos vendo quen asume o custo', apostilou.
Ao respecto, avanzou que a próxima semana está prevista unha reunión entre o Concello de Muxía, a Deputación da Coruña, a Xunta e o Arcebispado de Santiago para avaliar a situación.
EMERXENCIA DAS ACTUACIÓNS
Mentres, a Xunta axilizou os trámites para a reconstrución do santuario e declarou de emerxencia, na reunión do conselo do pasado venres, as actuacións para executar o proxecto de rehabilitación integral do templo.
Así, ao termo do consello de la Xunta, o titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a intención de impulsar a reconstrución do santuario 'custe o que custe'. Tamén ratificou que a reconstrución do templo se acometerá 'coa máxima celeridade' e a axilización dos trámites para que así sexa.
O custo de restauración das obras no que se refire á configuración arquitectónica situarase, segundo as primeiras valoracións dos técnicos de Patrimonio, entre os 700.000 e os 850.000 euros. A Xunta asumirá 'o cen por cento' do custo do proxecto construtivo da rehabilitación.
En concreto, a Consellería de Cultura e Educación comprometerá 36.300 euros para a redacción do proxecto básico e de execución de rehabilitación do templo por parte da Dirección de Patrimonio Cultural.
Mentres, dende a Consellería de Cultura explicaron que Patrimonio autorizou ao Concello a colocar as estadas e que colaborará na restauración do santuario. Antes, técnicos da Dirección de Patrimonio Cultural teñen previsto desprazarse ata a igrexa 'para ver como están os retablos e se é necesario a súa protección', precisaron fontes da Consellería de Cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último