'Cibercarracho, -a', seleccionada como Palabra do Ano 2023

O termo refírese aos ciberdelincuentes e foi escollido por votación popular co 40% dos apoios

2023122808422022768
2023122808422022768

Galicia xa ten Palabra do Ano 2023. 'Cibercarracho, -a' foi escollida cun notable apoio na votación popular. Este neoloxismo, de uso coloquial, tira de retranca e refírese aos ciberdelincuentes e trata de sensibilizar sobre os actos delituosos por medio das tecnoloxías de comunicación.

O vocábulo obtivo máis do 40% dos votos rexistrados na votación organizada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras, quen o relacionaron co momento que estamos a vivir, no que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo ou mundo "están a ser obxecto de graves agresións deste tipo".

O segundo termo máis apoiado foi 'feitiño, -a', con algo máis do 30% dos votos, seguida de 'biodiversidade', 'dereitos humanos', 'educación emocional' e 'cooficialidade'.

O substantivo carracho, arácnido que se alimenta do sangue de mamíferos e aves, ten "mala sona" no refraneiro galego, tal como comenta a RAG.

Desde o 2018, o dicionario da RAG inclúe palabras relacionadas cos riscos das tecnoloxías como ciberdelincuente, ciberdelito, ciberataque, ciberseguridade ou ciberacoso.

Contenido patrocinado

stats