Camioneiros encabezan a 'marcha negra' de As Pontes e Cerceda ata Madrid

Camioneiros, políticos e traballadores de As Pontes e de Cerceda continuarán a súa 'marcha negra' contra o real decreto do carbón, cunha protesta o venres pola mañá ante o Ministerio de Industria, en Madrid. Os concellos habilitarán autobuses gratuítos que sairán o xoves de noite e que acompañarán o centenar de camións que viaxarán ata a capital española.

EUROPA PRESS

Publicado: 18 oct 2010 - 21:33 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:36

Os responsables políticos dos dous concellos afectados e o voceiro do colectivo, anunciaron que levarán as súas esixencias a Madrid ante a falta de respostas por parte do ministerio. En rolda de prensa, fixeron un chamamento á unidade nas protestas contra o decreto, que primará o uso de carbón autóctono fronte ao de importación, que se emprega en Endesa As Pontes e en Gas Natural Meirama.

'É un problema que está por enriba dos partidos políticos, un chamamento á unidade, sobran protagonismos', sinalou, 'ninguén é imprescindible, pero todos somos necesarios, para unha grande marea que invadiu A Coruña e que agora invadirá Madrid'.

Liñares alertou de que 'o problema é grave', porque a paralización de actividade nas térmicas de As Pontes e Meirama provocará un efecto dominó que repercutirá na actividade económica da hostalaría, os servizos e os comerciantes.

Contenido patrocinado

stats