O Bloque avoga pola liquidación das peaxes
O BNG censura a decisión adoptada polo Goberno en Consello de Ministros para as peaxes da AP-9, que supón limitar a súa subida ao 4%, porque “ten trampa” e “non satisfai para nada” aos usuarios, segundo explicou onte no Parlamento galego o deputado Luís Bará.
Os nacionalistas lembran que non se atendeu unha proposta inicial do Ministerio de Transportes “que era unha subida moito máis reducida”.
Bará sinalou que a decisión “ten trampa porque o que fai é diferir a diferenza entre o 4 e o que tiña que subir, ao redor dun 9, cara a outras anualidades. Por tanto, vainos a penalizar aínda máis a partir de 2024”. Neste contexto, anunciou iniciativas no Congreso e resaltou que “imos facer causa sobre este tema. O próximo 18 de agosto cumpriranse 50 anos da concesión. Se non houbese a prórroga concedida polo PP, polo señor Aznar, no ano 2000, a partir dese día sería gratuíta”.
O Bloque esixe “que se acaben dunha vez por todas as peaxes” e que “2023 sexa o ano da liquidación das peaxes da AP-9”.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, felicitou o ano desde a súa casa familiar en Chorente (Sarria, Lugo), cunha mensaxe reivindicativa e de “confianza en Galicia” para saír desta crise. Nun vídeo difundido por redes sociais, apelou ás súas vivencias persoais para transmitir a importancia do rural e o respeto aos maiores, para os que reclama o dereito a unha “vellez digna”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra