Nove deputadas galegas, premiadas coa Medalla do Parlamento 2026

As As deputadas galegas que participaron na Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beijing 1995, distinguidas coa Medalla do Parlamento de Galicia 2026, recollerán o seu premio o 6 de abril

Publicado: 06 mar 2026 - 18:11 Actualizado: 06 mar 2026 - 21:32
Medalla do Parlamento de Galicia.
Medalla do Parlamento de Galicia. | Parlamento de Galicia

As nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Mulller celebrada en Beijing en 1995, así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro, serán distinguidas coa Medalla do Parlamento de Galicia 2026.

A Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, conceder este premio a María Xosé Ares Casal, María Teresa Fernández Piñeiro, Pilar Pedrosa González de Castejón, María Fernanda Cerviño Villaverde, Elisa Madarro González, do Grupo Popular; María Xosé Porteiro García, María Antonia Álvarez Yáñez, do Grupo Socialista; e María Pilar García Negro e Olaia Fernández Dávila, do Grupo do Bloque Nacionalista Galego. Estas son as deputadas da IV Lexislatura que participaron na devandita Conferencia, a maioría delas pertencentes á primeira Comisión Parlamentaria para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres.

A entrega do premio celebrarase o vindeiro 6 de abril, coincidindo co aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. O galardón supón o recoñecemento ao seu labor pioneiro e o seu compromiso a prol das políticas de igualdade.

Contenido patrocinado

stats