Exposición Carteis Fantásticos 10 anos do GFFF coa colección Jean-Loup Passek
MOSTRA
Detalles del evento
Con motivo da celebración da súa décima edición, o Galician Freaky Film Festival (GFFF) impulsa a exposición Carteis fantásticos. 10 anos do GFFF coa colección Jean-Loup Passek, que abre as súas portas na Sede Afundación de Vigo. A mostra pode visitarse dende este 3 de setembro e ata o vindeiro 3 de outubro de 2026.
A exhibición achega ao público unha selección exclusiva de cartaces orixinais que forman parte do fondo do Museu de Cinema de Melgaço Jean-Loup Passek, un dos arquivos cinematográficos máis singulares da fronteira galego-portuguesa. A través de pezas expuestas en gran formato e acompañadas de textos explicativos, a proposta convida a percorrer a historia e a iconografía máis fascinante e perturbadora do xénero fantástico e de culto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último