A UVigo elixirá representantes no Claustro e novo reitor o 4 de maio
Case 25.000 membros da comunidade universitaria poden votar nas eleccións á Reitoría nun proceso que comezou o 18 de febreiro coa publicación dos censos e que rematará o 11 de maio cos resultados definitivos
A comunidade universitaria elixirá cos seus votos a quen será o seu próximo reitor ou reitora da Universidade de Vigo o vindeiro día 4 de maio de 2022, que será a mesma data na que se celebrarán as eleccións a representantes no Claustro Universitario. O calendario para ambas as dúas citas electorais arrancou o pasado 18 de febreiro coa publicación dos censos provisionais e finalizará o 11 de maio coa proclamación definitiva de resultados. Entre medias, do 14 ao 18 de marzo, quedou fixado o prazo establecido para a presentación de candidaturas, que serán proclamadas definitivamente o 5 de abril. Do 19 de abril ao 2 de maio desenvolverase a campaña electoral, á que seguirá o día 3 a xornada de reflexión; o día 4 de maio terán lugar as votacións e o 5 de maio a proclamación provisional de resultados, que serán definitivos o 11 de maio.
20.491 persoas, segundo os censos provisionais xa publicados, poderán votar nas eleccións a reitor, mentres que o número de electores no caso do Claustro é de 20.118, 373 menos que no proceso electoral a reitor, porque o alumnado do Programa Universitario de Maiores non participa na elección dos membros do Claustro. “Para exercer o dereito a voto, hai que ter a condición de elector ou electora que, segundo o artigo 3.1º do Regulamento electoral xeral, require figurar no censo e reunir os requisitos legalmente establecidos para cada proceso concreto, segundo os distintos sectores da comunidade universitaria. No caso do Persoal Docente Investigador (PDI) e do Persoal de Administración e Servizos (PAS) hai que estar en situación de servizo activo e con destino na UVigo, malia que, tanto o PDI contratado por obra ou por servizo, interino de substitución ou visitante, como o PAS eventual, deberá ter unha vinculación coa universidade superior a un ano dentro dos últimos dezaoito meses previos á convocatoria do proceso electoral”, explica o secretario xeral da UVigo, Miguel Ángel Michinel, que lembra que, no caso do alumnado, este debe estar matriculado antes do proceso electoral, quedando excluído o dos centros adscritos á institución e o participante en programas de intercambio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas