Unha tese pide unha nova lei para o deseño industrial ‘non rexistrado’
UNIVERSIDAD
Certos sectores industriais, como a moda, a tecnoloxía ou os xoguetes, ofrecen cada ano no mercado unha gran cantidade de produtos cuxo ciclo vital é tan reducido que fai que non mereza a pena tramitar unha solicitude formal de rexistro de deseño industrial.
Para estes casos está pensado a figura do deseño ‘non rexistrado’, que permite obter por un período de tres anos a protección dun deseño desde que sae ao mercado, sen ter que efectuar ningún trámite administrativo nin pagar taxas. Esta figura do dereito da propiedade industrial, o deseño ‘non rexistrado’, foi na que centrou a súa tese de doutoramento a investigadora viguesa Sara Louredo, profesora da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, quen salienta que este dereito, xunto coas marcas e as patentes, pretende protexer as creacións intelectuais que se aplican á industria, sobre todo naqueles sectores que fabrican obxectos con ciclos de vida curtos. “No caso do deseño o que se tutela é a aparencia dos obxectos, a súa forma, cores, textura, ornamentación... pois isto ten unha importante incidencia nas eleccións dos consumidores”, apunta a investigadora, quen o vindeiro martes recibirá por esta investigación, dirixida polos profesores Anxo Tato e Pablo Fdez Carballo-Calero, o Premio Extraordinario de Doutoramento na cerimonia de San Tomé de Aquino. A día de hoxe esta figura xurídica non está recollida na lexislación española, senón que o que se fai é aplicar de xeito directo o artigo 11 do Regulamento nº6/2002 sobre deseño comunitario e, nisto se centra a principal conclusión da tese de Louredo, que recalca o feito de que esta lexislación non é pechada, senón excesivamente aberta e inconcreta en cuestións importantes como a propia definición de deseño e a súa posible acumulación cos dereitos de autor.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
Estados Unidos pasa de ronda ante Australia
Mundial 2026
México pasa de ronda
Condado - Paradanta
‘El Arbo del Siglo XXI’, en la agenda de Horacio Gil