Teatro de Vigo a México o Costa Rica acoden á 21 edición de Miteu

UNIVERSIDAD

REDACCIÓN.vigo

Publicado: 12 mar 2019 - 00:27

n n n Seis compañías daranse cita a partir do mércores 13 de marzo sobre as táboas do Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo na 21ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. A Aula de teatro da USC será a encargada de erguer pasadomañá o pano desta edición da mostra coa representación de A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour, dirixida por Roberto Salgueiro. A Aula de teatro universitaria de Ourense- Maricastaña, continuará coas representacións da Miteu o 3 de abril coa posta en escena de Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, unha dramaturxia do seu director Fernando Dacosta, inspirada nos primeiros libros da saga Malaussène de Daniel Pennac. As representacións continuarán os días 24 de abril con Círculo da Aula de teatro universitario do campus de Vigo; o 25 de abril con PARA. ELA. da ESAD; o 8 de maio con Papá está en la Atlántida da compañía mexicana Los Pinches Chamacos e finalizarán o 9 de maio con La construcción del muro de Teatro Espressivo de Costa Rica.

Todas as representacións comezarán ás 18.30 horas e a entrada é libre ata completar o aforo do do teatro. A Miteu botará a andar este ano coas propostas de dúas compañías que recentemente acadaron o Premio de Honra Marisa Soto, aulas de teatro da USC e do campus de Ourense, Maricastaña.n

Contenido patrocinado

stats