Podcast 'Ciencia de Ida e Volta' | Día Mundial da Pesca: "Temos que coidar os mares, é a nosa responsabilidade"

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo organiza actividades divulgativas en Vilaboa para poñer en valor a pesca sostible e a protección dos océanos

O investigador Andreu Blanco Cartagena, no set de Atlántico.
O investigador Andreu Blanco Cartagena, no set de Atlántico. | J.V. Landín

Hoxe, no podcast de Ciencia de Ida e Volta, contamos coa participación de Andreu Blanco Cartagena, investigador posdoutoral da Xunta de Galicia no grupo Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da UVigo (CIM-Universidad de Vigo).

Falaremos con el sobre as actividades divulgativas polo Día Mundial da Pesca, unha data impulsada pola FAO para poñer en valor as comunidades pesqueiras e destacar a importancia da actividade para a sustentabilidade mariña. Con motivo desta data, a UCC+i da Universidade de Vigo promove dúas accións divulgativas no CPI do Toural, en Vilaboa: unha actividade gamificada sobre adaptación da pesca ao cambio climático, que lidera Andreu, e un obradoiro artístico con lixo mariño conducido pola artista Mar Fraga, de Enmalle Studio, especializada na reutilización de materiais mariños con fins creativos, e pola investigadora da UVigo Antía Iglesias.

Estas accións forman parte do plan especial do 5º aniversario do programa Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Contenido patrocinado

stats