Minas e Enerxía busca improvisadores orais
UNIVERSIDAD
n n n A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a súa Delegación de alumnado busca persoas dispostas a demostrar o seu potencial como oradoras na segunda edición do concurso de improvisación oral Eme-Pakuxa, unha iniciativa que lanzaron por primeira vez o curso pasado. O obxectivo é axudar a mellorar a técnica das exposicións orais da comunidade universitaria. Na primeira edición participaron estudantes non só do centro organizador, senón tamén de Teleco, de Bioloxía e de Ciencias do Mar, facultade de Andrea Noche, gañadora da primeira edición.
A cita será o vindeiro 1 de abril no vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía das 14.00 ás 15.00 horas e nela cada participante terá que amosar, diante dun xurado constituído por dous docentes da escola e dous estudantes, a súa capacidade de improvisación disertando durante 20 segundos sobre cada unha das 16 diapositivas que lles propoña a organización, tentando facelo de xeito coherente e orixinal.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Primera división
Vallecas abre por su bien
OBRA DEL ESTADIO
Balaídos elevará el segundo tramo de la cubierta de Gol
MERCADO DE FICHAJES
El Fortuna cierra los fichajes de Hugo Cuenca y Alexis Olmedo