Universidad
Vigo recibe a 190 alumnos extranjeros
UNIVERSIDAD
n n nEn 2018 conseguiu a súa primeira estrela Michelín e hai un par de semanas outra guía de prestixio volveu premiar o seu restaurante A Tafona con dous Soles Repsol, galardóns que recoñecen os mellores restaurantes e cociñeiros nacionais. Este mércores visitou a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Lucía Freitas, a cociñeira galega máis internacional, denominada por moitos como a gran esperanza branca da cociña galega. Fíxoo como peche do programa de actos de celebración do Día Internacional da Muller, e a súa charla O liderado feminino na sociedade actual, non deixou indiferente a ninguén. Nela narrou a súa propia experiencia persoal, toda unha historia de loita e superación, e con ela transmitiu unha gran mensaxe de optimismo: “na vida non podes esconderte da realidade, tes que tomala como vén e saber seguir adiante, con ilusión e valentía”. Tras diferentes experiencias profesionais en Cataluña e Baleares, en 2009, en plena crise económica, tivo a valentía de abrir o seu propio restaurante en Santiago, A Tafona, convertido hoxe nun dos máis destacados da comunidade galega. A este restaurante sumouse en 2016 en Nova Iork Tomiño, que non tardou en converterse no restaurante galego de moda na cidade dos rañaceos. En 2017 emprendue un novo proxecto en Compostela, Lume, “un concepto de barra gastronómica na que cociñar sen etiquetas, slow food a lume de carozo”.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar