Filoloxía acolle a presentación do novo número de “Follas Novas”

UNIVERSIDAD

redacción.vigo
Publicado: 01 mar 2019 - 00:54

n n n As celebracións arredor da figura de Rosalía de Castro coparon estes días a axenda cultural galega, tamén na Universidade de Vigo, onde aos actos celebrados o pasado luns en Ourense se sumou onte unha nova actividade, organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Da man do profesor e escritor Anxo Angueira, presidente da fundación que leva o nome da autora, a Facultade de Filoloxía e Tradución foi o escenario da presentación do novo número da revista Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos e do terceiro volume de Cartas de Murguia (1886-1923), dous volumes recén saídos do prelo e editados ambos pola propia fundación. Presentado polo director do departamento, Alexandre Rodríguez Guerra, Anxo Angueira agradeceu o convite lembrando que esta semana o pobo galego celebrou de múltiples maneiras e dun xeito moi intenso a Rosalía de Castro e, “neste sentido a Universidade non podía quedar allea a estas celebracións”. Angueira recalcou a importancia dunha obra na que se recolle o epistolario pasivo de Manuel Murguía desde 1886, ano seguinte á morte de Rosalía, ata 1923, data do seu falecemento. “Son as cartas que el recibiu, gardou e se conservan”, explicou Angueira, que fixo tamén fincapé en que as misivas “ofrecen un mural extraordinario do esforzo coral que Galicia realizou nesta época e coordinou Murguía”.n

Contenido patrocinado

stats