Un docente da UVigo, editor dunha revista de enerxía eléctrica

vigo

REDACCIÓN. vigo

Publicado: 03 oct 2020 - 02:35

Xosé Manuel López.
Xosé Manuel López.

nnnXosé Manuel López Fernández, profesor titular do Departamento de Enxeñaría Eléctrica, foi nomeado editor da revista IEEE Transactions on Power Delivery-TPWRD, unha das publicacións de maior impacto a nivel mundial no eido da enerxía eléctrica. “Representa un recoñecemento á miña traxectoria por parte dos integrantes da maior e máis prestixiosa comunidade da enxeñaría eléctrica e, ao mesmo tempo, unha enorme responsabilidade de cara aos autores e lectores”, explica o docente, quen na actualidade exerce tamén o cargo de presidente do capítulo español da Power and Energy Society (PES), unha das 37 sociedades do Institute of Electrical and Electronic Engineering que, con máis de 250 membros, se encarga de todas as áreas relacionadas cos sistemas e equipos para a xeración, transporte, distribución e uso da enerxía.

Como integrante do equipo editorial de TPWRD Xosé Manuel López é un dos responsables do proceso de revisión dos artigos relacionados co eido dos transformadores eléctricos, a súa especialidade.

“Son membro activo do IEEE Transformers Committee desde 2011 en San Diego”, explica o docente e investigador vigués. Como editor, dentro do proceso de revisión, encárgase da selección do persoal revisor máis axeitado para cada artigo, asesoralos en tempo e forma, procesar os seus comentarios e, finalmente, emitir a súa recomendación ao editor xefe relativa á idoneidade de aceptación ou rexeitamento do artigo para a súa publicación. “Ao ano procésanse máis de tres mil artigos, se ben só arredor dun dez por cento son finalmente aceptados”, explica o docente da UVigo.n

Contenido patrocinado

stats