A comunidade universitaria quere mellorar en igualdade
UNIVERSIDAD
A Universidade de Vigo presentou unha “radiografía” sobre os coñecementos e vivencias dos seus membros arredor da igualdade. Do estudo, titulado Valoracións, percepción e impacto das políticas de igualdade entre mulleres e homes na Universidade de Vigo, as súas responsables destacan como arredor do 70% dos membros da comunidade universitaria quere mellorar os seus coñecementos sobre igualdade e como “a Universidade de Vigo é vivida como un espazo máis igualitario que outros”. O estudo foi un encargo da Unidade de Igualdade á Consultora Red Talento. Na súa presentación, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, amosou a súa preocupación polo feito de que “a igualdade non está conseguida na propia Universidade, aínda hai moito que facer, e se os cidadáns que vivimos na comunidade universitaria vemos neste tema moi por riba á Universidade de Vigo, comparado con outras institucións e outras partes da sociedade, isto é moi preocupante”. Laura Seara, da Consultora Red Talento, foi a encargada de debullar o estudo.Recalcou como o 73% do alumnado da Universidade de Vigo quere mellorar os seus coñecementos en materia de igualdade. “Esta é unha porcentaxe significativa que indica a gran predisposición do alumnado a recibir formación curricular sobre igualdade e desmonta mitos sobre a utilidade da formación universitaria en materia de xénero e de igualdade”, indicou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último