A Cátedra Depo-UVigo estrea web para fomentar a cultura feminista
UNIVERSIDAD
Toda a información relacionada co feminismo 4.0 está dende hoxe reunida nunha web, na nova páxina da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo, dende proxectos de investigación, estudos, convocatorias, bolsas, premios, entre outras actividades.
O portal, presentado polo reitor, Manuel Reigosa, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañados pola directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, pretende converterse nun espazo de referencia “que permitirá vertebrar os proxectos que se desenvolven arredor da cátedra e ser unha carta de presentación da mesma, un lugar de encontro e información sobre un dos proxectos máis potentes que desenvolvemos Deputación e UVigo”, en palabras de Silva. A web, que xa está accesible é un paso máis na consolidación desta cátedra, posta en marcha o curso pasado e renovada no mes de xullo, que “pretende promover o impulso de actividades de investigación e innovación feminista, moi particularmente, dando prioridade ao que ten que ver co estudo das carreiras Stem (polas siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), onde as mulleres estamos infrarrepresentadas”, explicaba a presidenta da Deputación.
Ambas institucións amosáronse “preocupadas porque a matrícula de mozas” neste tipo de estudos segue descendendo, “cando son eidos claves no mundo actual e van ser indiscutiblemente prioritarios no futuro”.
Dende a Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo estanse a desenvolver propostas que teñen por obxectivo fomentar a presenza feminina neste tipo estudos, como os premios GirlGeekCovid, que ofrecen un premio de 2000 euros e un accésit de 1000 euros en cada unha das ramas de ciencias e enxeñaría e para os que xa se presentaron 14 traballos (11 de enxeñeiras e tres de ciencias).
Por outra banda, tamén se puxo en marcha a segunda edición das Axudas de investigación en cuestións relacionadas coa igualdade, na que se seleccionaron seis proxectos. A presidenta tamén lembrou que se está a traballar na creación dun comité de sabias, “porque habelas hainas” e na segunda edición do Workshop: sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado.
Silva quixo “agradecer moitísimo” ao reitor “que sempre estea presente en primeira persoa cando falamos de igualdade, o que amosa o compromiso real por parte da Universidade”. Manuel Reigosa reafirmou esta “obriga coa sociedade” e agradeceu o apoio da Deputación para poder “camiñar máis rápido cara a igualdade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas