A Xunta avanza a Asemaco as líneas de apoio para este ano
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, mantivo un encontro con directivos da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) para avanzarlles as previsións sobre as convocatorias de apoio que o instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria habilita este ano, así como para coñecer os plans que a asociación está a impulsar e avaliar posibilidades de colaboración.
Aguilera fixo especial mención ás liñas destinadas a apoiar proxectos colectivos impulsados por agrupacións de empresas e lembrou as axudas para a internacionalización a través das plataformas empresariais da rede Pexga que se están a abrir no exterior.
O sector da construción está a ser un dos colectivos máis activos na procura de oportunidades de negocio no exterior, principalmente en Latinoamérica e centro de Europa, informou a Xunta nun comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Remo | Bandera Teresa Herrera
Tirán suma dos segundas plazas en A Coruña
Traineras | Liga ACT
Zarautz hiere a Chapela
Juegos Mediterráneos
Manu Rivas acaba cuarto en K2 y Carulla cae en dobles mixto