Natalia Nogueira: “A IA abre unha nova era para acelerar a innovación”
“Galicia é unha rexión innovadora moderada, estamos mellor que outras pero quédanos camiño”, apunta a CEO de Inova
Natalia Nogueira é enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo e acaba de ser nomeada CEO de Inova. Este ano fai 30 no mundo da consultoría moi vinculada á innovación. Chegou a Inova hai seis anos. Tamén é formadora de Aenor e en masters universitarios. Inova é unha consultora con sede en Vigo que fundou o enxeñeiro Alberto Casal en 2003.
Esto de falar de innovación é moi amplo. Como se concreta?
Axudamos ás organizacións a ser máis innovadoras, sostibles e dixitais. Son as ferramentas que necesita unha empresa para afrontar desafíos do noso tempo. Os retos son inmensos. Traballamos tanto con startups, como con pemes, como con corporacións e administracións públicas, por exemplo no programa Reacciona da Xunta, con Red.es en Kit Dixital, con programas como Activa Industria e Activa Crecemento.
En que sectores?
Automoción, alimentario, madeira e estamos en dúas agrupacións industriais como empresa, o Clúster TIC de Galicia e Viratec, o Clúster de Solucións Ambientais e Economía Circular. Tamén somos membros de Dihgigal, o hub de dixitalización da industria galega, así como do Pacto Mundial da ONU.
Que eivas debe traballar Galicia?
Temos un gran reto que ten que ver coa produtividade. No sentido de que somos capaces de ter un menor impacto en PIB co mesmo número de recursos fronte a outros países. Iso se fai aplicando tecnoloxía, ou sexa, que a tecnoloxía ten que ser unha panca para que a produtividade póidase incrementar, tamén tendo máis dimensión. Ou sexa, que temos empresas quizais demasiado pequenas para poder competir. E necesitamos produtos de maior valor engadido. De escalar un pouco o nivel do produto ou servizo que facemos.
Gañar dimensión con fusións de empresas?
Non necesariamente, tamén pode ser vía innovación aberta e vía colaboración.
Pode pór exemplos de colaboración entre empresas que son competidores nun mesmo sector?
Por exemplo, no noso propio sector da consultoría están a darse moitas colaboracións. Agora temos un programa que dá soporte á Oficina Económica de Galicia. Aí está Inova liderando a un consorcio de consultoras que estamos 8 consultoras traballando de forma conxunta para a administración. E tamén hai colaboración transversal entre sectores. De forma que hai colaboración entre TIC e industria ou TIC e biotecnoloxía. Esa colaboración entre empresas tamén se está dando.
Cunha economía con tanto peso do sector servizos, como se medra en valor?
Eu son moi fan da industria. Creo que nos irá mellor a todas as sociedades se hai máis industria e máis potente. Entón creo moito nos servizos tamén para a industria. De novo creo que a través de innovación, a través de non quedarse onde estás, senón estar sempre retándote para afrontar desafíos que existen. Entón fai falta esa ambición da parte privada e tamén, por suposto, o impulso da parte pública que se invista, mesmo que haxa esa perspectiva como de misión como país.
Que proxectos foron para Inova retos para innovar?
Un tipo de proxecto que facemos de forma habitual é axudar a startups a facer a súa chegada ao mercado. Aí traballamos coas chamadas Business Factories de Galicia. Empezou en auto, despois en alimentación, despois pasou ao sector aeronáutico e os drons. E agora estamos a traballar con Viratec en Business Factory Climatec, que son proxectos de emprendemento con solucións ambientais que buscan ese triplo impacto ambiental, social e económico que queiran escalar á súa solución para chegar ao mercado. É un proxecto do que nos sentimos especialmente orgullosos polo impacto. Consideramos que non hai innovación se non se concreta en algo, se non ten un impacto real. Outro é que apoiamos a Portos na súa senda para a transición enerxética. Fixémolo para o Porto de Vigo, Tamén estamos a traballar na Industria 5.0. Outra cousa que nos motiva especialmente é traballar coa Administración Pública en definir, despregar e medir impactos de políticas públicas en base a datos. Aí traballamos coa Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Industrial, de forma que, cando se despregue unha política de promoción industrial, póidase saber, con datos, que está a pasar.
Como ve a Galicia con respecto a media española? Como estamos en innovación?
Hai o European Innovation Scoreboard e o lider en España só é o País Vasco. Despois están comunidades como Madrid, Cataluña e Valencia. Madrid e Cataluña, que están nun nivel segundo. Despois está Valencia e despois está Galicia, nestas rexións innovadoras moderadas. Isto que significa? Que estamos mellor que outras rexións europeas, pero quédanos moito camiño por percorrer.
Que fai falta?
Máis investimiento público e privado en I+D. Que sexamos máis conscientes e máis ambiciosos en máis investimiento, e investimiento con máis foco a grandes retos. E que nos apliquemos na industria, porque non só é investir, senón tamén aplicalo. Que realmente chegue a transferirse e a cristalizar.
Cando unha empresa chega a Inova, como é o voso traballo?
Hai xente que sabe o que quere e outra non. Hai veces en que está claro o problema e que precisa unha solución case de mercado, ou solución paquetizada. E tamén pode ser que unha empresa estea nun punto no que hai un gran cambio disruptivo ao seu arredor e necesite que axudemos a tomar a decisións de por onde debe seguir. Aí o que facemos é traballar máis unha parte de estratexia. A partir de aí, outra cousa que facemos é axudarlle a ir máis rápido e máis lonxe. Ou sexa, con ferramentas metodolóxicas que temos de innovación. Adaptamos a metodoloxía ou ámbito concreto de traballo a cada tipo de cliente. Porque cada un depende do seu propio contexto, recursos, misión e retos que teña.
Cal é o futuro para Innova?
Hai unha magnífica oportunidade coa IA. E queremos integrar a IA no que facemos, porque abre unha nova era para acelerar a innovación. Ou sexa, aproveitar o adquirido en innovación, sustentabilidade e dixitalización dos 20 anos de vida e integralo ou misturarlo con esta tecnoloxía. Porque cremos que é algo disruptivo neste momento. Esa conversa coa máquina é realmente disruptiva. E o que queremos é que Inova sexa unha empresa na que os procesos que fagamos estean soportados por ferramentas dixitais e de IA para poder ser máis eficientes e máis rápidos e facelo mellor.
E canto queren medrar?
Agora somos 20 persoas e quizais deberiamos ter unha dimensión de como mínimo 100 persoas en 5 anos. Non so crecemento orgánico, tamén pode ser vía colaboración con algún partner. Porque queremos seguir sendo relevantes, queremos que importemos. Que o noso traballo aquí vexa algún tipo de pegada. Tanto en Vigo como en Galicia, como mesmo a nivel internacional. Que o que fagamos realmente achegue algo, achegue algo de valor económico, ambiental e social. Pero que o que fagamos teña algún tipo de impacto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas