Expourense entrega os Premios Líderes en Calidade a cinco empresas

Galicia Calidade patrocinou a actividade dentro da Semana Europea có lema “Xuntos chegamos”. Premiase o traballo en equipo e a adaptación

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Calidade o pasado xoves 8 de novembro, Expourense organizou un ano máis unha xornada de exaltación na que se entregaron os Premios Líderes en Calidade a cinco empresas galegas que destacaron como base da súa actividade o traballo en equipo e a capacidade de adaptación ó novo contexto empresarial xurdido da coxuntura económica actual.

redacción ourense

Publicado: 19 nov 2012 - 12:56 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:46

Os premiados como líderes de calidade en Galicia.
Os premiados como líderes de calidade en Galicia.

Por segundo ano consecutivo quíxose recoñecer a traxectoria de empresas pertencentes a sectores que preocupan ó cidadán como a alimentación, a sanidade, a educación ou o medioambiente, pero tamén ó empresario como é a internacionalización, nun momento no que contar con modelos de xestión convértese nun requisito case imprescindible á hora de exportar o produto. Con esta actividade, Expourense, co patrocinio de Galicia Calidade, sumouse a serie de actos organizados a nivel estatal con motivo da Semana Europea da Calidade, sendo o único celebrado en Galicia.

As empresas premiadas, que ademais expuxeron a experiencia en calidade, nesta xornada foron:

Alimentación: Lugar Daveiga S.L. (Chantada).

Empresa moi nova, nacida no 2005 que a pesar da súa curta dispón de certificacións en ISO 9001 (Calidade), ISO 14001 (Medioambiente), ISO 22000 (Seguridade Alimentaria) e IFS (Norma Internacional para Alimentos). Dende os seus inicios apostaron pola innovación como principal ferramenta de competitividade, centrándose na creación de novos produtos como as “galletas mariñeiras”, na introdución de novas materias primas e no desenvolvemento de novas liñas de negocio respectuosas co medioambiente. Crearon a la marca corporativa “Daveiga produción responsable” .

Sanidade: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

O compromiso en materia de calidade do CHUS ven de lonxe e abrangue tanto ó ámbito asistencial coma o non asistencial. No 2005 conseguiron a súa primeira certificación en calidade para o seu servizo de Medicina Nuclear, ó que posteriormente foron engadindo outros como os dos servizos de compras, o pago a provedores ou o servizo de Farmacia. Ademais, acaban de certificar o seus Sistema de Xestión de Riscos do Paciente.

Educación: Colexio de Santa Teresa de Jesús-Carmelitas de Ourense.

Centro educativo emblemático en Ourense con 133 anos de historia que conseguiu implicar a toda a comunidade educativa, dirección e profesores para ofecer un servizo de calidade baseado en valores propios adaptando a impartición de educación en valores humanos e cristiáns á realidade actual.

Medio Ambiente: Hijos de Rivera (A Coruña).

Conta con numerosos certificados de sistemas de xestión (Calidade, Medio Ambiente, Seguridade Alimentaria, Seguridade e Saúde no traballo, EMAS en ecoxestión e ecoauditoría, etc). Empresa comprometida coa xestión excelente orientada ó cliente, aos traballadores e ó respecto ó medio ambiente.

Internacionalización: Serviguide (A Coruña).

Empresa consultora, de capital 100% galego, que ofrece servizos de consultoría, asistencia tecnolóxica e externalización de servizos a máis de 2.000 clientes. Está certificada en Xestión de Calidade ISO 9001 e Medio Ambiente 14001. Contan con 400 empregados e traballan xa en 18 países. Contan cun equipo multidisciplinar que se prantexou a internacionalización como unha necesidade para seguir competindo.

Contenido patrocinado

stats