Economía difunde unha 'Guía de Aforro da Enerxía'
A Consellería de Economía e Industria distribuíu máis de 14.000 exemplares da 'Guía de Aforro da Enerxía', un documento editado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) co fin de fomentar a eficiencia e o aforro enerxético entre os cidadáns.
Esta publicación recolle o traballo da Xunta na potenciación do uso das enerxías renovables en todos os sectores económicos, fomentando condutas máis eficientes dende o punto de vista dos consumidores galegos.
Para isto, o manual ofrece consellos e pautas sinxelas que estudan as posibilidades de aforro e eficiencia en distintos campos como consumo doméstico, transporte, fogar, comunidades de propietarios ou traballo. A facturación enerxética, as enerxías renovables ou as posibilidades das vivendas eficientes son outros dos temas que tratan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Primera división
Vallecas abre por su bien
OBRA DEL ESTADIO
Balaídos elevará el segundo tramo de la cubierta de Gol
MERCADO DE FICHAJES
El Fortuna cierra los fichajes de Hugo Cuenca y Alexis Olmedo