O ouro non será unha sorpresa
RÍO 2016
Será unha carreira divertida porque o trazado é duro e unha selección non pode controlar
A carreira son dos circuítos distintos. O primeiro ten un tramo de pavé de dous quilómetros, que dificulta bastante porque estírase moito o pelotón e, ó rematar o tramo, súbese un porto de 1.500 metros con rampas xeitosas e baixada técnica. Despois ten outra subida, pero xa en estrada ampla, que non debería causar problemas.
No segundo circuíto ten un porto duro, con rampas considerables e longo. Outra dificultade que pode ter é o vento porque nos dous trazados pásase pola praia e alí dá moitas veces o aire lateral. Unha similitude con Galicia sería a zona da Lanzada, con vento forte, mar aberto e chan.
O percorrido vaise a facer moi duro. Xa o é o primeiro e, sobre todo, o segundo. Por este motivo, dudo moito que poida darse unha gran sorpresa. O gañador será un ciclista de moito nivel. Pode ser un primeira liña ou un segunda, pero non haberá unha gran novidade.
O porto neste treito é duro, moito. Ten varios quilómetros constantes por enriba do 10% de desnivel e vai a facer moito dano. Incluso a súa baixada é técnica, polo que os corredores teñen que descender ben.
Grupo ou gañador individual
Pode ser que chegue un ciclista en solitario. Tería que marcharse no último porto, baixar ben e quedaría con dez quilómetros de chan ata a meta. Por detrás, non haberá un grupo grande e será complicado que se poñan dacordo. É a dúbida. Non é fácil, pero podería ser. Aínda así, o máis probable é que un grupo moi reducido chegue ó último tramo chá e que alí decídanse as medallas porque non haberá compañeiros para controlar.
Neste punto, a selección española ten unha vantaxe porque conta con dous moi bos corredores como "Purito" Rodríguez e Valverde. Se se entenden entre os dous, poden dividirse para saltar un a un e outro ós outros. Nibali, o propio Valverde e Froome son os claros favoritos.
A importancia das tácticas
Será unha carreira moi complicada de controlar porque as seleccións que máis corredores ten o seu número é cinco. Manter o control é unha lotaría. Teñen que estar moi atentos. Nun Mundial, unha selección como España ou Italia, máis ou menos controla porque leva moitos ciclistas, aquí con soamente cinco é complicado.
En resumo, creo que vai a ser unha carreira bonita porque o percorrido é duro e non será como no Tour de Francia no que un equipo como o Sky pode controlar. Aquí haberá máis alternativas e máis ataques. Pero, insisto, o gañador non creo que sexa un home sorpresa porque é duro. Ten que ser alguén moi bo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mundial 2026
Estados Unidos pasa de ronda ante Australia
Mundial 2026
México pasa de ronda
Mundial 2026
Suiza encuentra el camino