Fútbol | Copa del Rey
El Barcelona, con agobios en el tramo final, supera al Albacete
Xogos Olímpicos | Balonman
Case dous metros de porteiro, pero que pareceron cinco ou seis nos últimos oito minutos da semifinal olímpica entre a seleción española de balonmán, co cangués Rodrigo Corrales, e a de Alemaña. O cancerbeiro parou todo o partido, pero xa no treito final resultou completamente decisivo porque os ‘Hispanos’ puxéronse por diante tras moito traballo con 23-24 e xa non volveron a marcar. Tiveron opcións para facelo pero Andreas Wolff exerceu de heroe xermano e o pesadelo español. Ata catro paradas en seis metros con tiros liberados. Unha tras outra neses últimos minutos de partido. O ‘coco’ que vén pola noite para levar nenos apareceu en versión balonmanística ós xogadores españois. Así chegou unha nova derrota en semifinales dos Xogos Olímpicos. Cinco intentos e todos con derrota. O domingo haberá que loitar por acceder ó bronce contra Eslovenia (9:00, TVE). Un premio que agora pode parecer menos, pero que será toda unha conquista nun torneo duro e igualado, como o partido de onte en Lille.
Comezou mal a selección española, que encaixou un 3-0 de saída e estivo máis de cinco minutos sen marcar. Por aquel entonces xa estaba Wolff a pleno rendemento, que desbaratou os primeiros lanzamentos e durante case todo o primeiro tempo estivo por enriba do 50% de eficacia. Jordi Ribera tivo que parar pronto o partido para centrar ó seu equipo que, pouco a pouco, parou o ataque alemán. No capítulo goleador non rematou de estar acertado, pero os Hispanos tiraron rendemento da defensa, que por momentos resultou moi boa, e da velocidade ó contragolpe en primeira ou segunda onda. Así, chegouse ó descanso co marcador igualado 12-12 tras un tanto de Alex Dujshebaev, o único que anotou en todo o enfrontamento, o que indica os problemas ofensivos do conxunto español. O xogador máis determinante en ataque apenas axudou, todo un lastre.
Con todo, o balance era positivo no intermedio. España estivo todo o primeiro tempo por debaixo no marcador e Wolff estaba polo 50% de eficacia. É complicado parar máis. Con esas cifras, había igualdade, o que era un bo indicador. A defensa funcionou e, aínda que Gonzalo Pérez de Vargas parou pouco, mellorou algo os números xusto antes do intermedio. Iso si, levaba a metade de balóns atallados que o cancerbeiro contrario.
De novo, mala saída española no segundo tempo. Alemaña volvía a estirar o marcador, pero agora o atasco durou menos. Iso si, co 19-16 e a falta dun cuarto de hora, chegou o momento de ver na pista uns minutos ó cangués Rodrigo Corrales. Recibiu cinco lanzamentos e rexeitou dous antes de volver Pérez de Vargas, que non mellorou os seus números.
Pese a todo, eran minutos con tendencia para a selección española, que igualou o partido e neutralizou un novo tirón teutón para poñerse por diante na entrada dos dez últimos minutos (22-23). Por percorrido, por xogo, por sensacións, o partido camiñaba cara os Hispanos. A súa defensa roubaba, eran capaces de saír con velocidade e tiñan certa facilidade para marcar, pese a que Wolff seguía aí, parando de cando en vez, para evitar goles de máis.
O que sucedeu é que no balonmán, en moitas ocasións, a portería é definitiva. E así pasou en Lille. Con 23-24, España tivo ata dúas posesión para chegar os dous tantos de renda, pero parou o porteiro lanzamentos de seis metros ó pivote Javi Rodríguez. Deses que non se deben errar para chegar a unha final. De feito, son deses que non se poden fallar para aspirar a algo neste deporte.
Trocou o pivote Jordi Ribera e Abel Serdio tamén atopou o brazo de Wolff no seguinte ataque. Como o fixo Alex Dujshevaev na súa opción. Entre tanto, Alemaña anotou dous tantos, que non eran moitos, pero que serviron para gañar. O balón para o empate na última posesión e con ataque en superioridade foi mal xestionado por Agustín Casado, que xogouse un lanzamento exterior en apoio, que foi bloqueado a falta de cinco segundos. Queda loitar polo bronce porque o ‘coco’ dos pesadelos é real: Andreas Wolff.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Día Mundial contra el Cáncer
Gráfico | Día Mundial contra el Cáncer: tipos y evolución de casos
Aeropuerto de Vigo
Peinador recupera el vuelo a Mallorca hasta marzo