voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón
traiñeiras
Samertolameu regresou á última posición e Tirán Pereira asinou a oitava praza. A Ikurriña de Getxo, unha das citas tradicionais da tempada na Liga San Miguel, saldou-se con malas sensacións para as embarcacións moañesas e rematou coa sexta vitoria da tempada de Hondarribia. O líder errou o sábado pero onte sumou unha vitoria contundente.
Na quenda inicial da xornada, "A Terca" regresou á habitual realidade do longo da tempada. No primeiro longo plantou cara ás traiñeiras que vogaban ó seu par. Tomou a ceavoga inicial na terceira praza, á par de Zierbena e con dous segundos de renda sobre o seu gran rival, Portugalete. No obstante, no ecuador da regata xa marcada o peor tempo. A forza duroulle dous longos ó bote dirixido por Enrique López. Pouco a pouco e, tras loitar moito, cruzou a chegada a sete segundos do seu predecesor na xeral. Gañoulle na xornada do sábado, pero en Getxo regresou a posición inicial. Aínda así, os remeiros de Samertolameu realizarán un balance positivo da semana. Por primeira vez no curso, evitaron a última posición nunha das regatas disputadas. O negativo é que, dada a situación de pechacancelas na que se atopan, deberían facelo nas dúas para ter opcións de evitar a posición de descenso directo.
Na quenda intermedia do día, Tirán Pereira tiña como compañeiras de viaxe a Cabo da Cruz, San Pedro e Hondarribia. O líder, quinto na regata previa, tiña como "castigo" vogar nesta manga. O que sucedeu foi que a "Ama Guadalupekoa" saíu ás augas de Getxo coa tripulación titular e no primeiro longo xa tiña rachada a regata. Cinco segundos sobre o seu rival inmediato e cunha velocidade que apuntaba á vitoria.
Por detrás, Tirán Pereira non remataba por atopar o ritmo nin o xesto para competir con Cabo da Cruz, que rematou a regata nunha meritoria terceira praza, e San Pedro. A partir do segundo rego quedou descolgada a "Mar do Con" e o seu adestrador José Ángel Cambados "Truco" recoñeceu que probou cousas este fin de semana. O resultado foi a oitava posición a case corenta segundos do gañador. Nas imaxes, a traiñeira parecía navegar ben, sen sobresaltos, pero cos tempos na man quedou patente que as probas non foron para mellorar. Agora toca regresar ó plan inicial e, cunha fin se semana de descanso, retomar a competición con forza porque cinco traiñeiras atópanse en sete puntos entre a cuarta e a iotava praza.
Onde existe menos emoción e na loita polo título. Se Urdaibai gañou o sábado a bandeira e axustou a competición, Hondarribia apagou a reacción con notable autoridade. Gañou quenda intermedia e bateu a todos os botes da manga que pechou a competición. Orio, nun mar case calmo, superou a Urdaibai e Kaiku, pero quedou a cinco segundos da vitoria.
Pola súa banda, o bote de Bermeo, que onte incluíu ós grovenses Viudez e David Iglesias na traiñeira, amosou que en condicións de calma non ofrece o mesmo rendemento que con mar revolto. Cando se pasou o ecuador da campaña a diferenza de puntos entre primeiro e segundo e de once. Todo un mundo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas