Os vigueses degustan a vitoria na terra do xamón

Ciclocross

Samuel González e Carla Fernández, que se sitúa líder da Copa, gañan a proba da Cañiza

A paisaxe otoñal marcou o fin de semana na Copa Galicia.
A paisaxe otoñal marcou o fin de semana na Copa Galicia.

Ciclocross puro, de inverno, na Cañiza, aínda que a choiva deixou de caer por unhas horas para permitir ós ciclistas competir sen recibir auga dende o ceo. Tiveron dabondo coa que había nos charcos e no regato polo que pasaba o trazado de Augas Férreas, no inicio do ascenso ó Monte Pedroso. Alí organizouse unha proba dura polas subidas e tamén polo lameiro, abundante na zona de bosque. Os ciclistas tiveron que pedalear e, por momentos, tamén correr. Cousas do ciclocross.

Pese ás condicións, non foi un día para sorpresas e repetiron vitoria absoluta Samuel González e Carla Fernández. Triunfo para dous ciclistas de Vigo na terra do xamón. Coa primeira praza, Carla Fernández colocase na primeira posición da xeral. Foi unha fin de semana perfecta, con dúas citas, e rematou ambas no alto do podio.

Na Cañiza, a olívica do Marcisport mandou na proba dende o comezo para cruzar a liña de chegada nun tempo de 42:11 e nunha proba na que atopou a oposición de Laura Mira (42:59). A porriñesa, agora máis centrada na estrada, comeza a coller un bo punto de forma tras comezar tarde no ciclocross. Sarela Conde, líder tata onte do certame, parou o cronómetro en 45.41.

En homes, a proba volveu a ser un monólogo do vigués Samuel González, que colleu o liderado da proba de inicio a fin para acadar unha vitoria clara por diante de dous ciclistas sub-23. André Martínez, do Avanza porriñés, asinou a mellor actuación do ano coa segunda posición e o gondomareño Ricardo Buba finalizou terceiro. Superaron ó resto de élites da Copa Galicia, pero non a un Samuel González que amosou unha notable superioridade, como no resto de citas do que vai de tempada. Ata o momento, asina o pleno de vitorias nas probas disputadas no certame autonómico.

Un dos ciclistas máster está a punto de irse irse ó chan.
Un dos ciclistas máster está a punto de irse irse ó chan.

Dentro das categorías base, en cadetes volveu a destacar o Lynalfa Ponteareas. Xián Alvariño (29:33) impúxose na súa categoría nunha proba de gran emoción porque resolveuse ó sprint. Superou sobre a liña a Lucas Lozano, do XSM. En féminas, Alba Gregores (37:10) rematou no segundo posto. A vitoria foi para Xiana Seijo, do Caimanes Betanzos. Asinou 35:50.

A Copa Galicia terá a vindeira fin de semana de parada e regresa á competición o domingo 26 de novembro coa proba de Santiago. Un descanso antes dun decembro cheo de competición.

Contenido patrocinado

stats