Vigo distingue a Alfonso González e a dous clubes

O Concello propón ó presidente do AlertaNavia, ó Club Deportivo Nieto e ó Bembrive Fútbol Sala coma Vigueses Distinguidos

Alfonso González, presidente del AlertaNavia, junto al alcalde.
Alfonso González, presidente del AlertaNavia, junto al alcalde. | Atlántico

O Concello de Vigo anunciou onte que proporá como Vigueses Distinguidos no ámbito deportivo ao Club Deportivo Nieto, ao Bembrive Fútbol sala e a Alfonso González, presidente do AlertaNavia. Estas tres propostas, que sairán adiante pola ampla maioría do goberno municipal, únense neste mesmo ámbito ós xa anunciados para os organizadores das carreiras que conforman o programa municipal de probas en ruta “Run Run Vigo”.

O alcalde, Abel Caballero, xustificou onte cada unha das novas propostas. Así, o Club Deportivo Nieto foi fundado no ano 1940 en Vigo, tendo a súa sede no campo municipal do Meixoeiro. Conta con 10 equipos en distintas categorías e, nestes momentos, dispón de 273 licenzas. “Unha enorme tradición de fútbol”, dixo o rexidor.

Pola súa bandas, o Club Deportivo Bembrive Fútbol Sala será recoñecido pola súa “forma de entender o deporte” desde a súa fundación, no ano 2001, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva na parroquia e, nomeadamente, a feminina. A entidade contabiliza, neste 2026, 147 licenzas e conta con equipos en categorías femininas, masculinas e mixtas, sendo o referente o conxunto sénior feminino na segunda máxima categoría a nivel estatal. "A pasada temporada foron campioas de Liga de Segunda División grupo 1 e merecen ser Viguesas Distinguidas”, destacou Caballero.

Por último, tamén será nomeado como Vigués Distinguido Alfonso González, fundador do Club Polideportivo Alerta no ano 1962 e que leva toda a súa vida adicada ó deporte como “futbolista, organizador, directivo e presidente do AlertaNavia”. Na actualidade, o club ten 16 equipos en competición e 337 licenzas.

Contenido patrocinado

stats