Victoria para Chapela no Campionato Galego de Meira

Remo

Os beretes partían como favoritos despois dunha tempada moi regular e acadaron o triunfo na categoría masculina absoluta e na xuvenil femenina

Chapela se llevó el triunfo en categoría absoluta masculina.
Chapela se llevó el triunfo en categoría absoluta masculina.

As augas do porto de Meira acolleron onte, nun día solleiro e con algo de vento que movía o mar, o Campionato Galego de Traiñeriñas que deixa no medalleiro xeral a Chapela como clube vencedor con dous ouros, unha prata e un bronce na xornada de onte.

Os beretes partían como favoritos despois dunha tempada moi regular e acadaron o triunfo na categoría masculina absoluta e na xuvenil femenina. Ademáis, acadaron o segundo posto na proba absoluta de mulleres, por detrás da S.D. Tirán, que se alzou coa victoria con 10 segundos de vantaxe.

O clube moañés sumou, ademáis, outra prata, en categoría xuvenil masculina, quedando así en terceiro posto na clasificación por clubes.

A xornada deixou, tamén, un segundo posto para a embarcación cadete femenina do clube anfitrión, o Samertolameu de Meira, e o bronce dos máis novos de Chapela, a traiñeriña cadete masculina.

Contenido patrocinado

stats