baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Atletismo
O vento na popa significa ir a favor, a un ritmo alto e con velocidade. Avanzar co seu impulso. Non sería así noTrail Trans Serra da Groba disputado onte en Baiona porque o vento bateu por todos lados en función dos xiros do trazado, pero chegou sen a forte choiva prevista. Algún chuvasco de primeira hora e nada máis, de xeito que os participantes gozaron e sufriron cun trazado húmido, pero sen ser extremo. Con lameiro e follas caídas, puro monte con vistas ó Atlántico. Para os que puideron levantar a vista.
Finalizaron as dúas distancias do evento 330 deportistas, moitos cheos de lameiro, pero sen incidencias. A vitoria na proba longa foi para Daniel Pazó, un dos mellores especialistas galegos, que superou por tres minutos a Marcos Pascual, mentres que José Manuel Fernández xa marchou por enriba das tres horas. En mulleres, a vitoria foi contundente para Loreto Rodríguez.
A cita curta, o trailiño, foi a máis popular con 255 persoas pasando o arco da chegada no pavillón de Baiona. Eloy Martínez gañou por medio minuto o man a man con Xoel Chamorro, mentres que Jennie Börjesson meteu máis de dez minutos á segunda, Victoria Moreu Pereira.
Ademais do vento, a humidade e a paisaxe de monte de outono tras máis dunha semana de choiva, o Trail Trans Serra da Groba contou cunha animación especial ó montarse unha estación de Halloween que sorprendeu ós participantes. Tamén houbo un gaiteiro e a colaboración dos veciños da parroquia de Baredo e membros do club de atletismo de Baiona. Sempre son importantes as mans para levar a cabo un evento que mantén unha notable relevancia entre as citas de carreiras de montaña de Vigo e área metropolitana. Hoxe hai un novo evento, pero na ponteareá parroquia de Arcos, co trail de José Teixeira, que ten 3 modalidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso