O Valur islandés será o rival do Porriño

European Cup

Pola súa banda, o equipo louriñés relaxouse onte na cidade termal de Cheb, como amosa a fotografía

As xogadoras do Porriño gozaron onte das augas termais da localidade de Cheb.
As xogadoras do Porriño gozaron onte das augas termais da localidade de Cheb.

Vigo/ O Valur islandés será o rival do Conservas Orbe Zendal Porriño na final da European Cup de balonmán tras acadar onte a clasificación ó dobregar o Iuventa Michalovce nun partido rachado na primera metade, xa que alcanzou o descanso cun 17-10 favorable. Tiña que gañar por tres tantos para remontar a desvantaxe do primeiro partido e xa tiña cinco dianas de renda ó chegar ó ecuador do encontro. Mantivo o marcador no segundo tempo (30-20) para asegurar o pase á final da terceira competición continental.

Ó ter este opoñente, a orde dos partidos da final será por sorteo -que se celebra mañá-, polo que será o bombo o que determine se o Porriño pode xogar a volta na casa ou se o título se resolve na cidade de Reikjavik, xa que a formación está ubicada na capital do país. A viaxe será complicada e cara.

Pola súa banda, o equipo louriñés relaxouse onte na cidade termal de Cheb, como amosa a fotografía. Tiñan día libre antes de regresar hoxe ó Porriño e volver mañá ós adestramentos nunha semana de dous partidos de liga. Precisamente, a final da European Cup tamén chegará nunha semana con moitos encontros. O equipo terá que xogar os cuartos de final de División de Honor entre semana (7 e 14 de maio), mentres que a final europea será o sábado 10 e o sábado 17 (tamén poden ubicarse en domingo). Todo un reto para o conxunto dirixido por Isma Martínez.

Contenido patrocinado

stats