baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Atletismo Trail
Monte con trialeiras, con camiños, con sendeiros, con pistas. Montaña con desnivel forte e con costas para correr. Baixadas longas e rápidas, outras con desnivel e curvas. Todas húmidas pola choiva, pero sen grandes zonas de lameiro. En definitiva, o trail Montes de Vigo celebrouse onte e o remataron 284 deportistas para un menú no que o trail longo, de 24 quilómetros, tiña toda a dificultade da montaña con 1.600 metros de desnivel positivo según marcaba os gps dos participantes, mentres que o curto, de 15 quilómetros, foi suave e rápido. Apto para os que querían correr a moita velocidade e para os moitos con escasa iniciación, que optaron por descubrir as carreiras polo monte en Coruxo.
No aspecto puramente competitivo, Miguel Lodeiro, con algúns perdas de ruta incluidas, e Paz Méndez acadaron a vitoria, mentres que Julia Sampredro, nunha proba feminina moi axustada, e Aythami López, moi superior, acadaron a primeira praza na proba curta.
Tanto na distancia curta como na longa non faltaron os pasos por pontellas, por muíños ou fontes ou por miradores naturais co o do Maúxo Grande ou o de Camos. A cita longa, tamén tivo algúns engadidos como o alto da Bandeira. Tamén houbo treitos de soutos, zonas verdes, fontes e, para o recordo, algúns lugares onde os eucaliptos pequenos recordaban as traxedias dos incendios que, en 2017, afectaron a boa parte dos Montes de Vigo e que este trail recorda para tentar, coa memoria, que non se repita a traxedia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso