voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón
traiñeiras
O campo de regatas de Getxo é un dos máis fermosos e técnicos da ACT. Un lugar onde as ondas entran longas e limpas en días de pouco mar como onte e que serve ás tripulacións para sacar o seu mellor estilo. A "Mar do Con" de Tirán, ante tripulacións máis fortes e altas, asinou unha fermosa quinta posición con vitoria de quenda nunha nova xornada da Euskolabel Liga, que gañou Hondarribia por tres centésimas.
A tarde chegou con vento lateral e unha onda longa que permitía as empopadas das embarcacións, pero con algo de entrada polo lateral, o que imposibilitaba aproveitalas de forma limpa e constante e obriga ós patróns a un esforzo notable para dirixir a traiñeira de forma adecuada cara a praia de Ereaga. Co mar en contra, os remeiros tiñan que afinar ante a dureza e o vento lateral, sempre molesto, pero nesa intensidade que penaliza o erro porque non ten a suficiente forza para errar padas.
Nestas condicións de vogar fino, con delicadeza, pero sen perder a potencia, a "Mar do Con" de Tirán Pereira ofreceu un pequeno recital dende a quenda intermedia do día e, soamente, unha pequena baixada do vento na última da tarde impediulle superar a Kaiku, cuarta clasificada.
A tripulación do Con, que esta semana perdeu a Suso Hermelo por motivos laborais, saíu ó auga cunha mistura dos considerados titulares e suplentes porque as alternativas coas que conta José Ángel Cambados "Truco" son moi escasas. A saída foi o peor da regata porque foi a máis lenta da quenda, pero despois apertou, pasou a Zierbena, a continuación a Ondarroa e nos últimos douscentos metros do primeiro longo xa estaba proa con proa con San Juan. Os tempos establecen que foi o barco de Pasaia o que primeiro realizou a manobra, pero na súa saída xa situou David Álvarez á "Mar do Con" diante.
Sería de xeito definitivo porque os moañeses realizaban unha particular clase de remo nun campo de regatas con ondas de algo máis dun metro e entrada limpa. A ritmo constante, con pada longa e unha embarcación con escasos saltos, que deslizaba de xeito fino co mar a favor e que evitaba os grandes movementos cando entraba en contra.
No ecuador da regata, a diferenza con San Juan xa era de tres segundos e elevouse ata os catro na última ceavoga. Na chegada foi dunha decena de segundos, o mellor tempo das oito traiñeiras que remaron ata ese momento.
Quedaban por remar os catro primeiros da ACT e onte Tirán non puido meter a proa por diante de ningún. Se normalmente é difícil, convértese en imposible se baixa o vento. Aínda así, quedou a dous segundos de Kaiku, o que indica o nivel da regata da "Mar do Con".
Gañou Hondarribia por tres centésimas sobre Orio e xa está a dous puntos de Urdaibai, que este ano non parece estar cómoda coas ondas. Cabo da Cruz deixou a Ares, que ocupa o posto de promoción, e a Astillero, pechacancelas en descenso, por detrás.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas